Didio Riobó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Didio Riobó
Didio Riobó Bustelo.jpg
Nacemento1888
 Bueu
Falecemento1936
 Illa de Ons
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Didio Riobó Bustelo, nado en Bueu en 1888 e finado en 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Riobó Guimeráns. Fundou a Agrupación Republicana Radical de Bueu e foi concelleiro de Bueu durante a Segunda República. Desde 1931 instalouse na illa de Ons (que herdou á morte do seu pai en 1933) e intentou mellorar a vida dos colonos das illas, introducindo unha escola e facendo repoboación forestal. Ao iniciarse a sublevación do 18 de xullo de 1936, foi acosado polos falanxistas, o que o levou a aforcarse na illa en outubro de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]