Manuel Pazos Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Pazos Gómez
Nacemento1962
Lugar de nacementoMarzoa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
Na rede
Dialnet: 1633126
editar datos en Wikidata ]

Manuel Pazos Gómez, nado en Marzoa (Oroso) en 1962, é un investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista universitario en Arquivística pola UNED. Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Obradoiro da História de Ordes. Colaborou no terceiro número de Segrel, a revista literaria da Terra de Ordes e na Guía turística do concello de Oroso. Foi responsable do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso e da edición da súa revista Memoria de Oroso. Colabora en varias publicacións de ámbito xornalístico e cultural.

A principios de 2018 iniciou o proxecto de constitución da Colección de Arte Contemporánea da A. C. Obradoiro da Historia. No ano 2022 botou a andar "Acervo, acción cultural" realizando varios proxectos relacionados coa Museografía, Etnografía e recompilación de fotografías antigas no ámbito rural galego. Neste ámbito desenvolveu o proxecto do Centro de Cultura Tradicional do Concello de Frades.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Os Camiños Antigos do Concello de Oroso. Guía do Antigo Camiño Real ou Inglés (1996).
  • A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997).
  • Achegamento á Segunda República en Ordes. Documentos (2001).
  • Ordes. Crónica fotográfica do século XX (2002). Coautor con Daniel Pereiro López.
  • Despois da Guerra (2003).
  • Concello de Oroso. Guía Histórica en Imaxes (2004). Coautor con Daniel Pereiro López.
  • San Martiño de Marzoa. Imaxes para o recordo (2007).
  • O traque da Quenlla (2008); obra colectiva.
  • A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952 (2011).
  • A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo 1899-1979 (2014).
  • Victorino Verea Montero. Imaxes contra o esquecemento (2015).
  • Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela / The English Way A Coruña to Santiago de Compostela (2017). Coautor con Trese Barton.
  • Os nomes do Terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017); obra colectiva.
  • Moncho Valcarce un dos inesquecibles (2018); obra colectiva.
  • Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela - A Coruña (2020).
  • As guerrillas galegas ao descuberto. Historia da resistencia fronte á Ditadura (2021); obra colectiva.
  • Foron por elas. Mulleres represaliadas polo franquismo (2022); obra colectiva.
  • A Música Represaliada. Unha foliada de memoria (2023); obra colectiva.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Moncho Valcarce pola Defensa da Terra (2005). Outorgado á A.C. Obradoiro da História pola Irmandade Moncho Valcarce.
  • Premio Cunca das Artes 2008. Outorgado á A.C. Obradoiro da História pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP).
  • Recoñecemento especial á traxectoria no eido da cultura (II Gala da Cultura do Concello de Oroso, 2015).
  • Mención de honra / Premio especial "Pazos de Galicia" (I Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés, 2016).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]