Manuel Pérez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Pérez Pérez, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) o 10 de xuño de 1862, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Tui e aos dez anos emigrou a Porto. Dous anos despois embarcou con destino a Brasil, onde foi capitán dun barco que realizaba travesías polos ríos do Mato Groso. Viviu unha tempada en Paraguai, e despois asentouse en Buenos Aires en 1893. Traballou no Banco Gallego do que foi contador dende a súa fundación. Publicou o seu primeiro traballo literario nun xornal de Río de Janeiro, e despois colaborou con artigos, contos, poesías e crónicas en O Iniciador de Corumbá, La Democracia de Asunción, El Eco de la Pátria, La Infancia e El Pueblo de Goya, La Bandera Nacional de Curuzú Cuatiá, La Acacia, La Aurora, El Cascabel, La Prensa e a revista Caras y Caretas, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Empregou en moitos dos seus traballos o pseudónimo de Numael Ezper.

Obras[editar | editar a fonte]

  • A la vejez, viruelas, 1890.
  • El gobierno Rodriguista, 1905.
  • La Revolución Malezalera, 1909.
  • Sonetos, 1921.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]