Manuel Otero Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Otero Martínez
Biografía
Nacemento27 de abril de 1916 Editar o valor em Wikidata
Catasueiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 1944 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Normandía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata


Manuel Otero Martínez, nado en Catasueiro (O Freixo de Sabardes, Outes) o 27 de abril de 1916 e finado en Normandía o 6 de xuño de 1944, foi un mariñeiro e soldado galego que participou no Desembarco de Normandía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo aprendeu o oficio de carpinteiro naval no taller de Ríos. Pouco antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, embarcou no vapor Inocencio Figaredo. O 16 de xullo de 1936, dous días antes do levantamento, Manuel Otero atopábase en Xixón e incorporouse ó bando republicano. Participou na batalla de Brunete, onde foi ferido de bala nun pulmón e nun brazo, acabando hospitalizado en Valencia durante 7 meses. Foi apresado polos franquistas e o 5 de abril de 1939, catro días despois de rematada a guerra civil, é tras ser liberado grazas á intercesión de amigos do bando nacional, regresou a Galicia. Probablemente ante o acoso das autoridades franquistas, o sinalamento dalgúns veciños e as duras condicións da posguerra, decidiu exiliarse nos Estados Unidos de América, abrindo un taller mecánico en Nova York.

En marzo de 1943 alistouse no exército dos Estados Unidos e foi enviado ao Reino Unido para unirse ao continxente que se preparaba para a invasión da Europa continental en Normandía. Manuel Otero forma parte da Compañía A do Primeiro Batallón, 16 Rexemento de Infantaría da famosa 1° División de Infantaría, coñecida como Big Red One. O 6 de xuño de 1944 participou no Desembarco de Normandía, nas primeiras vagas de ataque no fatídico sector Easy Red de Omaha Beach, e cruza a primeira liña de praia, avanzando entre os primeiros no interior, pero ós poucos metros activa unha mina e morre de forma instantánea. Os seus restos son enterrados no cemiterio de Saint Laurent, actual cemiterio americano de Colleville-sur-Mer. Recibe o Corazón Púrpura e en 1948, a petición da familia, trasladáronse os seus restos ó cemiterio parroquial do Freixo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Osende Barallobre, Antonio (2016). Manuel Otero Martínez: Un gallego en Omaha Beach. Arenas. ISBN 978-84-95100-65-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]