Manuel Lastres Abente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Lastres Abente
Biografía
Nacemento5 de maio de 1903 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Lastres Abente, nado en Vigo o 5 de maio de 1903 e finado en Málaga o 2 de xaneiro de 1984, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do cirurxián José Lastres García. Trasladouse cos seus pais e irmáns a Vilaboa (Culleredo). Casou en Almeiras con Elisa Pardo Pernas en 1927. Médico de profesión, abreu consulta na Coruña e traballou tamén na Casa de Socorro. Logo de repetirse as eleccións municipais o 24 de maio de 1931, o 5 de xuño constitúese o novo Concello e Manuel Lastres foi elixido alcalde. Foi cesado en 1932, aínda que permaneceu como concelleiro ata a súa dimisión en novembro de 1934. Ingresou no Partido Galeguista en 1932. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 incorporouse á Cruz Vermella na zona de Catro Camiños e estivo curando aos feridos que entraban xunto a outros médicos, ata que chegaron os soldados. Despois foi mobilizado como médico militar. Marchou a Madrid para preparar oposicións a Médicos de Asistencia Pública Domiciliaria, aprobou en 1940 e obtivo praza nunha vila de Las Palmas. En 1945 obtivo praza en Jimena de la Frontera e en 1959 pasou a Marbella. En 1973 xubilouse e marchou vivir a Málaga.


Predecesor:
'
 
Alcalde de Culleredo
 
1931 - 1932
Sucesor:
Electo Carballo Matos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]