Manuel Graña González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1878 Cangas, España |
Morte | 28 de novembro de 1963 (84 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Columbia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , Sacerdote católico de rito romano , escritor |
Empregador | El Debate Ya (pt) El Ideal Gallego |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Orde relixiosa | Salesianos |
Manuel Graña González, nado en Cangas o 13 de decembro de 1878 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1963, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sacerdote e doutor en Teoloxía. Dirixiu unha revista católica en Italia. Despois regresou para estudar ciencias na Universidade de Madrid. Ingresou no consello de redacción de El Debate en 1918. O director, Ángel Herrera Oria tiña o proxecto de crear unha escola de xornalismo, e para a formación dos profesores, enviou aos Estados Unidos en 1925 a Manuel Graña e dous dos seus colaboradores, Francisco de Luis e Ricardo Oreja Elósegui, co obxectivo de estudar o funcionamento, métodos e programas das escolas de xornalismo máis avanzadas e a organización empresarial do xornalismo moderno. Foron enviados á Escola de Xornalismo da Universidade de Columbia (Nova York), onde Graña estivo dous anos. A Escola de Xornalismo de El Debate foi inaugurada o 10 de marzo de 1926 e Manuel Graña impartiu o cursiño de redacción previo á celebración do primeiro curso en outubro. Expuxo as técnicas documentais en xornalismo na su obra La Escuela de Periodismo. Programas y Métodos. A súa formación estadounidense tamén se reflectiu nos seus artigos de El Debate, como “Los días de Chicago”.
Tamén foi redactor de Ya, da revista España Pesquera e de El Ideal Gallego. Foi correspondente en España da axencia católica New’s Service, para a que redactou crónicas sobre a campaña do Norte da Guerra Civil. Traduciu a obra do cardeal Newman, Mi conversión al Catolicismo en 1940 e publicou un libro sobre fauna mariña, Mares y peces (1953).
Obras
[editar | editar a fonte]- La Escuela de Periodismo. Programas y métodos, Madrid, CIAP, 1930.
- ¿Qué debe España a los religiosos? Artículos publicados en “El Debate” al discutirse en las Cortes la cuestión religiosa, Madrid, Imprenta Juan Bravo, 1932.
- Mares y peces, Madrid, La Editorial Católica, 1953.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Fillo predilecto de Cangas, 1949.
- Periodista de Honor, 1963, na XXI Asemblea da Federación de Asociacións de Prensa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Graña González na Real Academia de la Historia.