Manuel Graña González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Graña González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , Sacerdote católico de rito romano , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEl Debate
Ya (pt) Traducir
El Ideal Gallego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSalesianos Editar o valor em Wikidata

Manuel Graña González, nado en Cangas o 13 de decembro de 1878 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1963, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sacerdote e doutor en Teoloxía. Dirixiu unha revista católica en Italia. Despois regresou para estudar ciencias na Universidade de Madrid. Ingresou no consello de redacción de El Debate en 1918. O director, Ángel Herrera Oria tiña o proxecto de crear unha escola de xornalismo, e para a formación dos profesores, enviou aos Estados Unidos en 1925 a Manuel Graña e dous dos seus colaboradores, Francisco de Luis e Ricardo Oreja Elósegui, co obxectivo de estudar o funcionamento, métodos e programas das escolas de xornalismo máis avanzadas e a organización empresarial do xornalismo moderno. Foron enviados á Escola de Xornalismo da Universidade de Columbia (Nova York), onde Graña estivo dous anos. A Escola de Xornalismo de El Debate foi inaugurada o 10 de marzo de 1926 e Manuel Graña impartiu o cursiño de redacción previo á celebración do primeiro curso en outubro. Expuxo as técnicas documentais en xornalismo na su obra La Escuela de Periodismo. Programas y Métodos. A súa formación estadounidense tamén se reflectiu nos seus artigos de El Debate, como “Los días de Chicago”.

Tamén foi redactor de Ya, da revista España Pesquera e de El Ideal Gallego. Foi correspondente en España da axencia católica New’s Service, para a que redactou crónicas sobre a campaña do Norte da Guerra Civil. Traduciu a obra do cardeal Newman, Mi conversión al Catolicismo en 1940 e publicou un libro sobre fauna mariña, Mares y peces (1953).

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Escuela de Periodismo. Programas y métodos, Madrid, CIAP, 1930.
  • ¿Qué debe España a los religiosos? Artículos publicados en “El Debate” al discutirse en las Cortes la cuestión religiosa, Madrid, Imprenta Juan Bravo, 1932.
  • Mares y peces, Madrid, La Editorial Católica, 1953.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Fillo predilecto de Cangas, 1949.
  • Periodista de Honor, 1963, na XXI Asemblea da Federación de Asociacións de Prensa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]