Manuel García Novo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Présaras, España |
Morte | 29 de marzo de 2019 (69/70 anos) Présaras, España |
Alcalde de Vilasantar | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel García Novo, nado en Présaras en 1949 e finado no mesmo lugar o 29 de marzo de 2019, foi un mestre e político galego, que foi o primeiro alcalde democrático de Vilasantar tras o franquismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Presentouse á alcaldía nas eleccións de 1979, con UCD, e logrou cinco dos once concelleiros.[1]. Durante os seus tres anos de goberno, dedicou gran parte dos esforzos ao asfaltado de pistas e colocación de alumeado público.[2]. En 1983 foi substituído no cargo por José Manuel Taboada García.
Predecesor: Manuel Taboada López |
Alcalde de Vilasantar 1979 - 1982 |
Sucesor: José Manuel Taboada García |