Manuel Formoso Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Formoso Piñeiro
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1939 Editar o valor em Wikidata (22/23 anos)
Sarrión, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Formoso Piñeiro, nado en Buenos Aires en 1916 e finado en Sarrión en abril de 1939, foi un poeta e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Formoso e Manuela Piñeiro, emigrantes de Carnota, que retornaron a Galicia a finais dos anos dez. Criouse na parroquia pontevedresa de Alba, onde seus pais mercaron unha propiedade e se dedicaron a atender a explotación agraria. Foi educado polo seu curmán Antonio Agustín Formoso Piñeiro, daquela estudante de maxisterio en Pontevedra. Estudou na escola de Lerez. En outubro de 1934 solicitou permiso para facer prácticas no Hospital de Pontevedra para os seus estudos de practicante.[1] Militante das Mocedades Galeguistas de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado en febreiro de 1937.[2] Desertou do exército franquista e pasouse ao bando leal. Detido ao final da guerra, foi fusilado en abril de 1939 en Sarrión (Teruel). Benito Búa Rivas, asinando co pseudónimo B. Lerez, dedicoulle o poema "A morte dun heroi" que apareceu no Cancioneiro de loita galega editado en México en 1942.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 4-10-1934, p. 10.
  2. Diario de Pontevedra, 26-2-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]