Manuel Escribano Subías
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de agosto de 1964 Carballo, España |
| 6 de outubro de 2020 – ← Vicente Jiménez Zamora Diocese: Arquidiocese de Zaragoza | |
| Grand Chancellor of the San Jorge University (en) | |
| 6 de outubro de 2020 – ← Vicente Jiménez Zamora | |
| 13 de maio de 2016 – 6 de outubro de 2020 ← Juan José Omella Omella – Santos Montoya Torres (pt) Diocese: Diocese de Calahorra e La Calzada-Logroño (pt) | |
| 20 de xullo de 2010 – 13 de maio de 2016 ← José Manuel Lorca Planes – Antonio Gómez Cantero → Diocese: Diocese de Teruel e Albarracín (pt) | |
| Párroco | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Universidade de Zaragoza Universidade de Navarra |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2010–), sacerdote católico (1996–) |
| Consagración | Antonio María Rouco Varela |
Carlos Manuel Escribano Subías, nado en Carballo o 15 de agosto de 1964, é un eclesiástico católico latino galego, dende 2010 bispo de Teruel e Albarracín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario Maior de Lleida e na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, onde obtivo a Licenciatura en Teoloxía Moral (1994-1996). Foi ordenado sacerdote o 14 de xullo de 1996, incardinado na arquidiocese de Zaragoza.
Exerceu de vigairo da parroquia de Santa Engracia (Zaragoza) entre 1996 e 2000. Nese mesmo ano foi destinado como párroco á parroquia do Sagrado Corazón da mesma cidade, e no 2008 regresou como párroco a Santa Engracia.
Foi patrono da Fundación da Universidade San Xurxo (2006-2008) e da Fundación San Valero (desde o 2008), amais de consiliario do Movemento Familiar Cristián (2003-2010) e vigairo episcopal do sector Centro da arquidiocese de Zaragoza (2005-2010). Desde 2005 é profesor do Centro Rexional de Estudos Teolóxicos de Aragón.
O 20 de xullo de 2010 foi nomeado bispo de Teruel e Albarracín por Bieito XVI, sucedendo a José Manuel Lorca Planes. O 26 de setembro dese mesmo ano recibiu a ordeación episcopal na catedral de Teruel de mans de Antonio María Rouco Varela, acompañado do nuncio Renzo Fratini e do arcebispo emérito de Zaragoza Elías Yanes Álvarez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: José Manuel Lorca Planes |
2010- |
Sucesor: no cargo |
