Manuel Domínguez León
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Manuel Domínguez León, nado en Tui en 1904 e finado no mesmo concello o 30 de outubro de 1936, foi un empregado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Secretario da agrupación local de Izquierda Republicana de Tui. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui con Alejo Diz Jurado, Darío Álvarez Limeses, Serafín Fernández Costas, Julio Fernández Fernández e José Felipe Muñoz o 30 de outubro.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 31-10-1936, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. p. 162. ISBN 978-84-8341-157-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Domínguez León na páxina web Nomes e Voces.