Saltar ao contido

Santa Isabel (barco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santa Isabel
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
1915 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Localización
 Lugar de creación
 País de rexistro
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   12,19 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   88,37 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   1.184 t Editar o valor en Wikidata
 Capacidade
   360 Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
   14 kn Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Santa Isabel era un barco de vapor de pasaxeiros de bandeira española de 1184 toneladas. Afundiu en 1921, preto da Illa de Sálvora.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O Santa Isabel era un vapor auxiliar construído en 1915 no estaleiro de Matagorda (Puerto Real, provincia de Cádiz)[1] para a Compañía Transatlántica Española, e era xemelgo do San Carlos. Medía 88,37 m de eslora, 12,19 m de manga e 8,03 de puntal. Facía a ruta Bilbao, Santander, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Cádiz, para levar pasaxeiros para transbordar con destino a Buenos Aires[2]. Estaba ao mando do capitán Esteban García Muñiz, e tiña unha tripulación de 80 mariñeiros.

Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 naufragou fronte á Punta Forneira, a 200 metros da illa de Sálvora na ría de Arousa.[3] Faleceron 213 dos 268 viaxeiros do barco. As denominadas heroínas de Sálvora, María Fernández Oujo, Josefa Parada e Cipriana Oujo Maneiro, de 14, 16 e 24 anos de idade, rescataron 58 persoas cunha dorna.[4]

  1. ↑ "El naufragio del "Santa Isabel"". La Integridad (en castelán). 4 de xaneiro de 1921. p. 2.
  2. ↑ "Vida marítima". El Ideal Gallego (en castelán). 2 de xaneiro de 1921. p. 2.
  3. ↑ "Naufragio del "Santa Isabel"". Acción Coruñesa. 3 de xaneiro de 1921. p. 8.
  4. ↑ Sánchez, Paco (15/12/2008). "Las heroínas de Sálvora". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30/05/2020. Consultado o 24/09/2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]