Manuel Costa Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Costa Varela
Nacemento24 de agosto de 1774
 Ramil, Agolada
Falecemento10 de agosto de 1849
 Ventosa, Agolada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Costa Varela, nado en Ramil (Agolada) o 24 de agosto de 1774 e falecido en Ventosa o 10 de agosto de 1849, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e exercía de avogado na Real Audiencia de Galicia en xuño de 1808. Ao ano seguinte púxose á fronte dos paisanos da súa comarca para loitar contra os franceses e con eles marchou contra os invasores acampados en Melide, aos que fixo fuxir e perseguiu ata Lugo. O mesmo fixo con outros corpos de tropa en terras de Arzúa e Sobrado. Seguiu de comandante de alarma na comarca ata 1814.

Foi procurador das xurisdicións de Ventosa e Borraxeiros e anos despois participou en diferentes accións á fronte dos realistas. Tivo que fuxir da súa casa para evitar que o deportasen a Canarias. En 1822, ás ordes do comandante Feás, volveu loitar a carón dos absolutistas. Co triunfo destes, Costa foi nomeado corrixidor de Borraxeiros e da súa xurisdición e proposto para cargos nas Audiencias de Galicia e Cataluña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vázquez Crespo, Armando e González Alén, Daniel (1989). A Comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-89690-21-9.