Manuel Carballido García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Carballido García
Nacemento1858
 Santiago de Compostela
Falecemento1935
 Padrón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Carballido García, nado en Santiago de Compostela en 1858 e finado en Padrón en 1935, foi un médico e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina, foi profesor axudante da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Estivo relacionado con Roberto Nóvoa Santos.[1] Exerceu como médico en Padrón.[2] Foi o primeiro director da revista Café con Gotas.[1][3][4]

Segundo Alberto Vilanova,[5] foi médico de cabeceira da escritora Rosalía de Castro, á que asistiu na súa enfermidade ata os seus últimos momentos.[6]

En 1916 foi testemuña do nacemento de Camilo José Cela Trulock.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Santos Zas (1911): Café con gotas: semanario satírico ilustrado, 1886-1892 p. XIII-XXIII.
  2. "Un monumento homenajea a los médicos de cabecera y una placa, a los facultativos del municipio" La Voz de Galicia, 14/4/2007 (en castelán).
  3. Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. pp. 92–93. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. Barreiro Fernández, José Ramón (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela 2. USC. p. 391-392. 
  5. Vilanova, A. (1953). Vida y obra de Manuel Curros Enríquez. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires. 348, n. 215.
  6. Citado por: Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 354. ISBN 84-7154-227-7. 
  7. "Acta de inscripción de nacimiento de Camilo José Cela Trulock"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]