Médico de cabeceira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Vallés (Divino Vallés) médico persoal de Filipe II.

A expresión médico de cabeceira ou médico de familia[1] fai referencia ao exercicio da medicina na atención primaria. É un profesional sanitario que exerce nun centro de saúde ou nun consultorio; sendo o médico máis próximo a unha determinada poboación e, en moitas ocasións, o único facultativo dispoñíbel para os seus habitantes.[2][3] Segundo a WONCA, o médico xeral/de familia é o "médico que ofrece ós individuos e familias atención sanitaria persoal, primaria, continua e integral".[4]

Valores e misión[editar | editar a fonte]

Edward Jenner médico rural inglés descubridor da vacina contra as vexigas ou antivariólica.

A actividade sanitaria busca alongar a vida, evitar o sufrimento e axudar a morrer con dignidade.[5][6][7]

Valores xerais da atención clínica[editar | editar a fonte]

  1. A dignidade no trato co paciente e os seus familiares
  2. A cortesía e empatía na entrevista clínica
  3. A calidade científica, técnica e humana
  4. O compromiso de seguimento da dor e do sufrimento
  5. O mantemento e a mellora de habilidades, coñecementos e actitudes dos profesionais
  6. O uso adecuado dos recursos.

Con iso lógrase unha atención clínica efectiva que facilita unha política sanitaria de prestación de servizos segundo necesidades de pacientes e poboacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Real Decreto 853/1993, de 4 de junio, sobre ejercicio de las funciones de Médico de Medicina General en el Sistema Nacional de Salud. BOE. 1993/07/01; (156):20049-51." (PDF). Consultado o 19/05/2021. 
  2. "European Academy of Teachers in General Practice." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2010. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  3. "World Organization of National Colleges." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de maio de 2012. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  4. Bentzen N (editor). An international glossary for general/family practice. Fam Pract. 1995; 12:341-69.
  5. Cassell EJ. The nature of suffering and the goals of medicine. N Engl J Med. 1982; 306:369-45.
  6. Hasting Center. Los fines de la Medicina. Barcelona: Fundación Víctor Grifols i Lucas; 2004.
  7. Feder G. A Fortunate Man: still the most important book about general practice ever written.