Manuel Candocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Candocia
Nacemento1945
Lugar de nacementoCedeira
Falecemento19 de xaneiro de 2014
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Candocia Ramos, nado en Cedeira en 1945 e finado na Igrexa (As Somozas) o 19 de xaneiro de 2014[1], foi un político galego, alcalde das Somozas durante máis de tres décadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido alcalde das Somozas nas primeiras eleccións democráticas por UCD. Continuou no posto despois dos comicios de 1983 e 1987 ao encabezar as candidaturas de Coalición Galega e Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e obtivo de novo a maioría absoluta, que repetiu nas seguintes eleccións. Durante os seus mandatos construíuse o polígono empresarial das Somozas.

Propietario dun bar nas Somozas, foi tamén o presidente do club de fútbol Unión Deportiva Somozas dende 1984 ata o seu falecemento, trinta anos despois.


Predecesor:
?
 Escudo de As Somozas.svg
Alcalde das Somozas
 
1979 - 2014
Sucesor:
Juan Alonso Tembrás

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era fillo de solteira[2]. Faleceu na tarde do 19 de xaneiro do 2014 mentres presenciaba o partido que enfrontaba a UD Somozas e o CCD Cerceda, a causa dun infarto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]