Saltar ao contido

Manuel Bugallo Bouzada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Bugallo Bouzada
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1966 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Trabanca Sardiñeira Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central
Centrocampista
Extremo

Manuel Bugallo Bouzada, nado en Trabanca Sardiñeira (Vilagarcía de Arousa) o 17 de xullo de 1966, é un exfutbolista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Trabanca Sardiñeira,[1] comezou a xogar ao fútbol aos 13 anos nas filas do Tótem FC vilagarcián, ata que en 1981 pasou ao Arousa, club co que o Tótem mantiña un convenio de colaboración.[2][3] En xaneiro de 1982, con só 15 anos, debutou co primeiro equipo na Terceira División da man do adestrador Juan Manuel Tartilán, afianzándose rapidamente na titularidade. Na seguinte tempada, 1982/83, o equipo rematou segundo e logrou o ascenso á Segunda División B.

En 1983 fichou polo equipo xuvenil do Real Madrid, onde coincidiu cos tamén galegos Rey e Iglesias.[4] No equipo madrileño comezou a xogar como extremo, en vez de centrocampista, posición na que xogaba en Galicia.[4] Na segunda xornada da tempada 1984/85, sendo aínda xuvenil, debutou co primeiro equipo do Real Madrid na Primeira División, nun encontro ante o Sporting de Gijón no Molinón, durante a histórica folga de futbolistas convocada naqueles días.[5] Non volveu vestir a camiseta do primeiro equipo branco e na tempada seguinte foi cedido ao Leganés, co que disputou 29 encontros en Terceira, marcando tres goles e proclamándose campión do Grupo VII. Na tempada 1987/88 volveu saír cedido, desta vez á Cultural Leonesa, coa que logrou o ascenso a Segunda B, ao tempo que realizaba o servizo militar.[6][1]

Para a campaña 1987/88 regresou ao Arousa, cedido polo Real Madrid.[6] Ao remate da campaña recibiu a carta de liberdade do equipo branco e militou no club da súa vila outro ano máis, sumando 80 partidos oficiais neses dous anos, case todos como titular. Pouco despois do comezo da tempada 1989/90 foi traspasado por seis millóns de pesetas ao Leixões da Segunda División portuguesa.[7] Con todo, apenas puido xogar no país luso debido a unha lesión de pube, e volveu ao Arousa, co que disputou a tempada 1990/91.[1]

A continuación rexeitou ofertas de varios equipos e asinou como novo xogador do Cacereño, seguindo ao seu antigo adestrador José Ramón Segura.[8] Tras unha campaña en Estremadura volveu a Galicia, onde xogou dous anos no Xove Lago e cinco no Mosteiro.[9] En 1999 fichou polo Céltiga,[10] no que militou ata o 2003, antes de pechar a súa carreira en 2004, xogando como defensa central nas filas do Boiro.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Leganés
  1. 1 2 3 "Manolo Bugallo se sentiría feliz si su presencia fuese un revulsivo para el equipo". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 18 de novembro de 1990. p. 54.
  2. ↑ "El Tótem denuncia actuaciones incorrectas del Arosa". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 9 de outubro de 1981. p. 36.
  3. ↑ "El Arosa rechaza las acusaciones del «Tótem»". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 20 de outubro de 1981. p. 44.
  4. 1 2 "Salieron un día de Galicia y su sueño es triunfar en el Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1984. p. 43.
  5. ↑ "La huelga de la AFE del 84 y los amateurs que vivieron su gran día en la élite (y no regresaron)" (en castelán). 26 de setembro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2023.
  6. 1 2 "El vilagarciano Bugallo, cedido por el Real Madrid, nuevo jugador del Arosa". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 9 de xuño de 1987. p. 45.
  7. ↑ "La junta directiva del Arosa, de acuerdo con el jugador, decidió dar la baja a Lisi". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 22 de marzo de 1990. p. 46.
  8. ↑ "Bugallo fichó por el Cacereño". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 7 de xullo de 1991. p. 58.
  9. ↑ "Manolo Bugallo fichó por el Mosteiro, y Núñez cuenta con escasas posibilidades de seguir". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 30 de xullo de 1994. p. 44.
  10. ↑ "Bugallo es la principal novedad en un Céltiga cuyo objetivo volverá a ser la permanencia". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 1 de xullo de 1999. p. 56.
  11. ↑ "Bugallo, nuevo central para Raúl Nieto". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 25 de xullo de 2003. p. 6.