Saltar ao contido

Manuel Blanco Ons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Blanco Ons
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor en Wikidata
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1991 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Noia
18 de febreiro de 1949 – febreiro de 1955
← Pedro Sáez PichelAndrés Caamaño Martínez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata

Jesús Manuel Blanco Ons, nado en Noia en 1917 e finado no mesmo concello o 4 de outubro de 1991,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fundador da Falange de Noia, da que foi xefe comarcal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi voluntario da Segunda Bandeira de Falange de Galicia. Ferido en campaña, perdeu o brazo dereito. Caballero Mutilado, no franquismo foi nomeado xefe do Servizo Provincial do Curtido do Sindicato da Pel en 1941.[2] En 1942 foi nomeado delegado provincial de Educación Popular.[3] Licenciose en Dereito en 1942.[4] Foi nomeado alcalde en 1949, tomando posesión o 18 de febreiro.[5] En marzo dese ano foi elixido deputado provincial.[6] Permaneceu na alcaldía até febreiro de 1955.[7] Colaborou en Vida Gallega, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e La Noche. Presentouse para o simulacro de eleccións municipais que ían celebrarse o 18 de xaneiro de 1976,[8][9] e que finalmente tiveron lugar no salón de actos do Concello o 25 de xaneiro, nas que Antonio Busto Rodríguez obtivo nove votos contra tres de Manuel Blanco.[10]


Predecesor:
Pedro Sáez Pichel
 
Alcalde de Noia
 
1949 - 1955
Sucesor:
Andrés Caamaño Martínez

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Fernández Caamaño e foi pai de Manuel, María Pilar e Juan Francisco Blanco Fernández.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-10-1991, p. 64.
  2. La Voz de Galicia, 9-10-1941, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 19-4-1942, p. 1.
  4. El Correo Gallego, 5-6-1942, p. 5.
  5. El Pueblo Gallego, 22-2-1949, p. 7.
  6. El Correo Gallego, 22-3-1949, p. 2.
  7. La Noche, 1-3-1955, p. 3.
  8. El Pueblo Gallego, 21-12-1975, p. 19.
  9. El Pueblo Gallego, 10-1-1976, p. 16.
  10. As primeiras eleccións democráticas na vila de Noia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]