Pedro Sáez Pichel
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | 19 de agosto de 1966 Noia, España |
Alcalde de Noia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Pedro Sáez Pichel, finado en Noia o 19 de agosto de 1966, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante en Noia. Membro da candidatura da Unión Monárquica Nacional nas eleccións de abril de 1931, durante a República foi concelleiro de Noia. Foi un dos asinantes do manifesto do Centro de Apoyo a la República en 1931. Participou na constitución de Acción Popular de Noia en 1933. No franquismo foi nomeado polo gobernador civil alcalde de Noia o 7 de marzo de 1944. Permaneceu no cargo até 1949. Finou en Noia o 19 de agosto de 1966.[1]
Predecesor: Juan Pérez Pérez |
Alcalde de Noia 1944 - 1949 |
Sucesor: Manuel Blanco Ons |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Obdulia Lestón Ferrer e foi pai de María del Socorro, Obdulia, Rafael, María de los Angeles, Pedro, María, Enriqueta, Josefina e María de la Concepción Sáez Lestón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1969, p. 18
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agrafoxo, Xerardo (2002). Memorias do franquismo. Noia: Toxosoutos. pp. 97–129. ISBN 84-95622-60-2.
- Ferrández Pérez, Daniela (2019). Nuevos y viejos actores: clientelismo político y poder local en perspectiva comparada (1905-1936) (PDF) (Tese) (en español). USC.