Manuel Barros Pérez
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Barros.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Cambados |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Manuel Barros Pérez, nado en Cambados, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1929, sendo estudante de Maxisterio, formou parte da Juventud Católica de Cambados e pronunciou a conferencia inaugural do Círculo de Estudios da asociación.[1][2] Foi nomeado mestre de Troáns (Cuntis) en decembro de 1934,[3] e de Baíña (Baiona) en 1935.[4] Mestre de clases particulares en Vilagarcía. En maio de 1936 figuraba como aspirante aos cursos do Maxisterio de Pontevedra.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Preso na illa de San Simón, morreu na illa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Barros Pérez na base de datos do proxecto Nomes e voces.