Francisco Lema Sendón
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 ![]() Vimianzo, España ![]() |
Morte | século XX ![]() valor descoñecido ![]() |
Concelleiro | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Francisco Lema Sendón, nado en Vimianzo cara a 1876, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dono dun café-bar e comercio en Vimianzo. En 1919 era presidente da Sociedade de Gandeiros de Castrelo e Berdoias.[1] Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Vimianzo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 25 xunto con Andrés García Ferreiro e Manuel Alborés Gándara.[2] Logrou fuxir, e en xullo de 1937 o xulgado militar fixo pública unha requisitoria.[3] Estivo agochado até 1939. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de reponsabilidades políticas en 1940.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Santiago, 7-11-1919, p. 1.
- ↑ "Sucesos en Vimianzo" La Voz de Galicia, 2-8-1935, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 10-7-1937, p. 4.
- ↑ BOE, 4-6-1940, p. 2721.
- ↑ BOE, 23-5-1945, p. 1814.