Saltar ao contido

Manifesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portada do Manifesto do Partido Comunista (1848), edición facsímile de 1965

Un manifesto[1] é unha declaración escrita das intencións, motivos ou puntos de vista do emisor, xa sexa un individuo, grupo, partido político ou goberno.[2][3][4][5] Un manifesto adoita aceptar unha opinión publicada previamente ou un consenso público ou promover unha nova idea con nocións prescritivas para levar a cabo os cambios que o autor cre que se deben facer. A miúdo é de natureza política, social ou artística, ás veces revolucionaria, pero tamén pode presentar a postura vital dun individuo. Os manifestos relacionados coas crenzas relixiosas denomínanse xeralmente credos ou confesións de fe.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra manifesto deriva do latín manifestum, que significa claro ou conspicuo. En inglés, o primeiro uso rexistrado é de 1620, na tradución de Nathaniel Brent da Historia do Concilio de Trento de Paolo Sarpi.

Manifesto en política

[editar | editar a fonte]

Nalgunhas democracias parlamentarias, os partidos políticos preparan manifestos que determinan a súa dirección estratéxica, así como os esbozos de futuras lexislacións en caso de gañar apoio suficiente nunhas eleccións. Entre os manifestos máis célebres poden nomearse a Declaración de Independencia dos Estados Unidos, Mein Kampf, A riqueza das nacións, o Manifesto Comunista etc.

Manifesto en arte

[editar | editar a fonte]

Na arte, a partir das vangardas, adoita chamar manifesto a unha expresión reivindicativa que simboliza a vontade de estilo dun grupo de artistas ou dun movemento. Pode ser un escrito que se publica, como El museo pictórico y escala óptica (1715), do pintor español Antonio Palomino, o Manifesto futurista de Filippo Tommaso Marinetti (1909),[6] ou o Manifesto neoplasticista de Piet Mondrian (1917), o Primeiro manifesto de Tristan Tzara (1918), ou o Manifesto surrealista de André Breton (1924);[7] ou pode ser unha obra de arte que se considera que simboliza e resume o que ese movemento propón, como Le Déjeuner sur l'herbe de Manet (1862) para o impresionismo ou La Vita nuova de Dante Alighieri para o renacemento.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manifesto.
  2. Merriam-Webster online dictionary definition of Manifesto Arquivado 8 de agosto de 2012 en Wayback Machine..
  3. "SEOphonist | die SEOphonisten Wahl 2013" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 2013-09-14. , article on "Wahlprogramm", literally "election programme".
  4. Dictionary.com definition of Manifesto Arquivado 6 de agosto de 2012 en Wayback Machine..
  5. David Robertson, The Routledge Dictionary of Politics, Edition 3, Psychology Press, 1890 p. 295 Arquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine., ISBN 0415323770, 9780415323772
  6. Tommaso Marinetti, Filippo (20 de febreiro de 2016). "Le Futurisme". Figaro : journal non politique. p. 1. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  7. "manifesto - Definition, Examples, & Facts" (en inglés). Consultado o 2021-04-08.