Concello de Filipstad
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Värmland ![]() | ||||
Capital | Filipstad (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.776 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.711,7 km² ![]() | ||||
Altitude | 284 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Filipstad Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Per Gruvberger (en) ![]() Åsa Hååkman Felth (en) ![]() Christer Olsson (en) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | filipstad.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Filipstad é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] A súa capital é a localidade de Filipstad. No mes de decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 776 habitantes.[2]
A paisaxe caracterízase por vales profundos. A zona é parte da rexión mineira de Bergslagen e o leito rochoso do campo de Långbansfältet é un dos máis ricas en minerais do mundo.[3]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Brattfors, Färnebo, Gåsborn, Kroppa, Nordmark e Rämmen. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Filipstad que en 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun).
Na zona houbo entre o 22 de febreiro de 1946 e o 31 de decembro de 1966 a localidade municipal de Lesjöfors.
O köping de Storfors fundouse en 1950 tras separarse do concello rural de Kroppa.
Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Värmlandsberg (a partir dos catro municipios de Brattfors, Gåsborn, Färnebo e Nordmark) mentres que o concello rural de Kroppa, o de Rämmen e a cidade de Filipstad permaneceron sen cambios.
O concello de Filipstad fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Filipstad e dos concellos rurais de Värmlandsberg, Kroppa e Rämmen.[4]
Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Kristinehamn e dende entón pertence ao de Värmland.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Filipstad atópase no leste do condado de Värmland. O concello limita ao sur co municipio de Storfors, ao suroeste co de Karlstad, e ao oeste co de Hagfors, todos en Värmland. Ao leste fai fronteira co concello de Hällefors, no condado de Örebro, ao nordés co de Ludvika, ao norte co de Vansbro e ao noroeste co de Malung-Sälen, estes tres no condado de Dalarna.
Historia
[editar | editar a fonte]Os arredores da capital floreceron grazas á mineiría, sobre todo de ferro. As actividades mineiras na zona remóntanse ao século XIV e a área poboouse debido a elas.[6]
A cidade de Filipstad foi fundada polo rei Carlos IX o día 6 de abril de 1611, bautizándoa así polo seu fillo Carlos Filipe (Filipstad significa "cidade de Filipe"). Filipstad é a segunda cidade máis antiga do condado de Värmland[6] por detrás de Karlstad, fundada polo mesmo rei poucos anos antes, en 1584.[7]
Filipstad perdeu os seu privilexios de cidade durante case 150 anos tras un gran incendio en maio de 1694.[6]
Durante o século XVIII a actividade mineira aumentou cando se dispuxo de tecnoloxía de voadura eficiente, e a enerxía hidráulica logró o seu avance grazas aos inventos de Christopher Polhem.[6]
No século XIX comezou unha animada actividade de construción e a cidade medrou a un ritmo rápido, tamén coa axuda de mellores comunicacións coa canle Filipstads bergslags e coa chegada do ferrocarril.[6] Entre 1810 e 1861 a súa poboación pasou de 560 a 1 798 habitantes.[6]
Demografía
[editar | editar a fonte]
Divisións
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2016 para informes de poboación o concello estaba dividido nunha única parroquia, a parroquia de Filipstad. Dende ese ano o municipio divídese nos seguintes distritos:[8]
- Brattfors
- Filipstad
- Gåsborn
- Kroppa
- Nordmark
- Rämmen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06.
- ↑ "Värmländska byggnadsminnen: Långbans gruvby" (PDF). lansstyrelsen.se. Consultado o 22 de marzo de 2025.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Kristinehamns tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Filipstads historia". www.filipstad.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ Carlquist, Gunnar, red (1933). Svensk uppslagsbok. Bd 15. Malmö: Svensk Uppslagsbok AB. p. 24
- ↑ "SFS 2015:493" (PDF). Consultado o 29 de decembro de 2022.