Maki Goto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaki Goto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 後藤 真希 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Edogawa, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , compositora de cancións , modelo , música , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Morning Musume (pt) Traducir (1999–2002) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJ-Pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoZetima Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsYūki Gotō (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webavex-management.jp… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1122409 Facebook: makigotoofficial Twitter: gotomaki923 Instagram: goto_maki923 Youtube: UCpZwrtcPizMdC4rlbGDZOKg Spotify: 5pJEdeLmuXxPjXLDoXDaP0 Musicbrainz: 678ba12a-e485-44c7-8eaf-25e61a78a61b Discogs: 480227 Editar o valor em Wikidata

Maki Goto (後藤 真希?), nada en Toquio o 23 de setembro de 1985, é unha cantante xaponesa de J-Pop, dentro do xénero idol. Ata o 28 de outubro de 2007 era parte do conglomerado de artistas femininos coñecido como Hello! Project.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como idol en Morning Musume, grupo insignia de Hello! Project. Uniuse á agrupación o 22 de agosto de 1999 cando tiña 13 anos de idade. Foi a única compoñente da terceira xeración. A chegada deste novo membro supuxo un incremento na popularidade e as vendas do grupo, superando por primeira vez o millón de copias co single "LOVE Machine".

En novembro dese mesmo ano, aproveitando a grande aceptación de Maki entre os fans, creouse o segundo grupo satélite de Morning Musume, Petitmoni o Pucchi Moni (con Sayaka Iichi e Kei Yasuda), que tamén vendeu máis dun millón de copias co single "Chokotto LOVE". En marzo de 2001, sen graduarse aínda de Morning Musume, Maki Goto inicia a súa carreira como solista co single "Ai no Bakayarou".

Durante a súa época como Morning Musume, ata a súa graduación o 23 de setembro de 2002, Goto foi unha das voces principais na maioría dos singles e ademais compaxinouno coa súa carreira en solitario. Dende entón foi parte de varios grupos temporais de Hello! Project, como Gomattou en 2002 (xunto a Aya Matsuura e á que por aquel entón era solista, Miki Fujimoto), Nochiura Natsumi en 2004 (con Natsumi Abe, ex-Morning Musume e solista, e Aya Matsuura tamén solista), a elas uniuse Rika Ishikawa en 2005 para crear o novo grupo, DEF.DIVA.

A súa carreira como solista dentro de Hello! Project, continuou evolucionando tanto na súa música, como na súa imaxe. Abandonando os sons e a estética de idol adolescente para pasar a unha faceta Ero-Kawaii. A principios do ano 2007 e como conmemoración do décimo aniversario da aparición de Morning Musume e, polo tanto, do Hello! Project, creouse unha unidade especial (Morning Musume Tanjou 10nen Kinentai) con cinco membros, un dos cales era Maki Goto. Esta formación pretende evocar a formación orixinal do grupo. O 24 de xaneiro lanzaron o single "Bokura ga Ikiru MY ASIA". A cal seguiu a balada "Itoshiki Tomo e" o 8 de agosto.

Ademais de cantar, Maki Goto actuou en varias películas ("Pichirunner", "Nema Tamago", "Seishun Bakachin Ryorijuku" ou "Koinu Dan no Monogatari") e nas series de televisión "Mariya", "Yan Papa", "R.P.G.", "Yashitsune" e "Yubi".

O 28 de outubro de 2007, Maki Goto graduouse do Hello! Project. Os motivos da graduación parecen ser as diferenzas entre Maki e a axencia (Up-Fronts) en canto o seu futuro profesional, ademais do escándalo protagonizado polo seu irmán Yuuki, detido por estar implicado nunha serie de roubos. Existen rumores sobre o seu posible fichaxe en 2008 por outra compañía discográfica (Avex trax).

O 25 de marzo de 2008 o seu blog oficial foi reaberto e sóubose que Maki se atopaba nos Ánxeles (Estados Unidos) recibindo clases de canto e baile. Finalmente, o 18 de xuño de 2008 os rumores sobre a incorporación a Avex fixéronse realidade, concretamente Goto pertence a produtora Rythm Zone, que é a parte de avex que produce música Pop-R&B. Comparte así discográfica con artistas tan importantes como Ayumi Hamasaki, Kumi Koda o Ai Otsuka, entre outros. Dous meses máis tarde, Maki participou en dous concertos do a-nation, onde cantou unha nova canción titulada "Hear Me" a cal foi composta por ela. Actualmente Maki non ten ningún proxecto en marcha pero se espera o seu debut con Rythm Zone para o 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]