Este álbum contén varias cancións en versións distintas as orixinais. "Ai no Bakayarō" ten un arranxo lixeiramente diferente, mentres que "Suki Sugite Baka Mitai" é unha versión en solitario de Goto da canción de DEF.DIVA. "Daite yo! Please Go On" é unha versión en vivo gravada no concerto "Hello! Project 2005 Natsu no Kayou Show -'05 Selection! Collection!-", mentres "Sayonara no Love Song" e "Afurechau...Be in Love" teñen novos arranxos que lles dan un carácter diferente á versión orixinal.