Majk Johansen
Nome orixinal | (uk) Майк Гервасійович Йогансен |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de outubro de 1895 (Xuliano) Khárkiv, Ucraína |
Morte | 27 de outubro de 1937 (42 anos) Kíiv, Ucraína |
Causa da morte | pena de morte |
Educación | Universidade Nacional da Carcóvia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, tradutor, lingüista |
Empregador | Universidade Nacional da Carcóvia (pt) |
Membro de | |
Majk (Mykhailo) Hervasiiovych Johansen ou Mike Johansen[1] (en ucraíno: Майк Гервасійович Йогансен, pseudónimo Villi Vetselius [Willy Wetzelius] e M. Kramar) nado en Khárkiv, Ucraína, o 28 de outubro de 1896 e finado en Kíiv, Ucraína, o 27 de outubro de 1937, foi un poeta, escritor de prosa, dramaturgo, tradutor, crítico e lingüista. Foi un dos fundadores de VAPLITE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Majk Johansen naceu o 16 de outubro de 1895 en Khárkiv. O seu pai, un emigrante letón era un profesor de alemán, e asegurouse de que o seu fillo tivera unha educación adecuada. Majk Johansen recibiu a súa educación secundaria no Terceiro Ximnasio de Khárkiv. Alí estudou xunto con Hryhoriy Petnikov e Bohdan Hordeev (pseudónimo: Bozhidar), quen máis tarde se converteron en coñecidos poetas-futuristas, así como con Yuriy Platonov, un xeógrafo e escritor de prosa. Despois, Majk Johansen estudou na Universidade de Khárkiv, da cal se graduou en 1917, especializándose en latín. Na Universidade de Khárkiv, os profesores de Majk Johansen de lingüística incluíron a Leonid Bulakhovskyi e Oleksa Syniavskyi.
Máis tarde, Majk Johansen mencionou o nome de Oleksa Syniavskyi na súa famosa novela ‘Podorozh doktora Leonardo po Slobozhans’kii Shvaitsariï’, (en galego, As viaxes do doutor Leonardo pola Suíza de Slobidska Ucraína), 1928:
Aquela mesma noitiña Don Xosé Pereira reservou billetes de tren para el e Rodolfo. Á mañá seguinte, tivo a sorte de atopar no mercado de Barcelona a Gramática de Syniavsky. Non se separou del que ata que chegou ás estepas. Gozaba moito cos sons da lingua ucraína.
Majk Johansen tamén colaborou cos seguintes ucraínos famosos: Mykola Khvylovy, Ostap Vyshnya, Yuriy Tyutyunnyk e Volodymyr Sosiura.
En 1925 Majk Johansen cun grupo dos seus colegas fundaron VAPLITE. O mesmo ano, cando VAPLITE viuse obrigado a se disolver, en xaneiro de 1928, Majk Johansen fundou o Grupo Tecno-Artístico A, o cal foi oficialmente prohibido en 1930. En 1934 Majk Johansen uniuse ós Unión Soviética de Escritores de Ucraína.
O 18 de agosto de 1937 os comisarios do NKVD levaron a Majk Johansen do seu apartamento. Durante os seus interrogatorios Yohansen non escondeu as súas opinións políticas. Entre outras cousas, acusou o goberno soviético de perseguir ós escritores ucraínos e outros membros da intelectualidade ucraína.
Majk Johansen foi acusado de pertencer a unha "organización terrorista nacionalista burguesa ucraína ficticia". O Colexio Militar do Tribunal Supremo da Unión Soviética condenouno a morte por fusilamento.
A sentenza foi levada a cabo o 27 de outubro de 1937 na prisión do NKVD en Kíiv. A tumba simbólica do escritor está localizada no cemiterio de Lukyanivka.
Traballos literarios
[editar | editar a fonte]No comezo da súa carreira literaria Majk Johansen escribiu (especialmente poesía) maioritariamente en alemán e ruso. Con todo, desde 1919 empezou a escribir só en ucraíno, despois de ter presenciando a brutalidade das redadas rusas en Khárkiv.
Poesía
[editar | editar a fonte]Dependendo do período da carreira de escritura do autor, os críticos definen a poesía Majk Johansen como segue: romántica, social-nacional e experimental, D'hori (Ao Pico, 1921), Revoliutsiia (Revolución, 1923), Krokoveie kolo (O Círculo de Danza, 1923), Proloh do komuny (Prólogo á Comuna, 1924), e Dorobok (Funciona ata agora, 1924); sofisticada, Yasen (O Freixo, 1930); e social-realista, Baliady pro viinu i vidbudovu (Ballads sobre Guerra e Reconstrución, 1933).
Prosa
[editar | editar a fonte]En canto á prosa de Majk Johansen, as súas obras caracterízanse por ser maxistrais e "excelentemente modernas", vangardistas, experimentais, “mistificacións literarias sofisticadas” e “transformacións modernistas”.[2][3][4] A súa novela experimental máis coñecida é As viaxes do doutor Leonardo pola Suíza de Slobidska Ucraína (Podorozh doktora Leonardo po Slobozhans'kii Shvaitsariï, 1928).
1925 – 17 khvylyn (17 Minutos), colección de historias curtas.
1925 – Pryhody Mak-Leistona, Harri Ruperta ta inshykh (As Aventuras de MacLayston, Harry Rupert, e Outros), novela.
1928 – Podorozh doktora Leonardo po Slobozhans'kii Shvaitsariï (As viaxes do doutor Leonardo pola Suíza de Slobidska Ucraína), novela experimental.
1931 – Zhyttia Haia Serhiievycha Shaiby (A Vida de Haia Serhiievych Shaiba), colección de historias curtas.
1931 – Opovidannia pro Maikla Parkera (Historias sobre Michael Parker), colección de historias curtas.
1932 – Podorozh liudyny pid kepom (A Viaxe dun Home con Sombreiro), esbozo de viaxe.
1933 – Podorozh u Dagestan (Unha Viaxe a Daguestán), esbozo de viaxe.
1936 – Kos-Chahyl na Embi (Kos-Chagil no río Emba), esbozo de viaxe.
Traducións
[editar | editar a fonte]Majk Johansen sabía grego antigo, latín, alemán, francés e inglés. Tamén tivo un bo coñecemento de escandinavo e varias linguas eslavas. As súas traducións inclúen traballos de Friedrich Schiller, William Shakespeare, Edgar Allan Poe e outros.
Guións
[editar | editar a fonte]Majk Johansen é autor de varios guións para producións teatrais. En varias ocasións colaborou co famoso Les Kurbas e o seu teatro Berezil. Algunhas das súas obras máis notábeis inclúen unha adaptación ucraína do Mikado de Gilbert e Sullivan e:
1927 – guión da película muda Zvenigora de Aleksandr Dovzhenko. O filme é considerado un fito do cine ucraíno. Majk Johansen coescribiu o guión con Yuriy Tyutyunnyk.[5]
1929 – adaptación de Allo na khvyli 477 (Ola en Frecuencia 477), en colaboración con Mykola Khvylovy e Ostap Vyshnya-
Non Ficción
[editar | editar a fonte]Majk Johansen participou nalgúns proxectos importantes sobre a lingua ucraína. Participou na creación da ortografía ucraína estandarizada, que foi oficialmente adoptada en 1928, e traballou na latinización do ucraíno. Escribiu estudos sobre a recompilación de dicionarios e sobre fonética, así como pronuncia ucraína literaria e dialectal, particularmente das rexións de Shyshaky e Myrhorod.
1922 – Elementarni zakony versyfikatsiï (Regras elementais de versification)
1926 – Iak buduvaty opovidannia (Como Construír unha historia curta)
1926 – Dicionario ruso-ucraíno, en colaboración con Mykola Nakonechnyi, Kostiantyn Nimchynov, e Borys Tkachenko.
1929 – Dicionario ruso-ucraíno de Refráns Populares, en colaboración con H. Mlodzinskyi.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O aniversario número 120 de Mike Johansen celebrouse a nivel estatal.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traveller, Hunter and Philosopher: The life and death of Mike Johansen, Ukraine’s pioneer of magic realism
- ↑ Aheyeva V., 2012, ' Literary Canon: the Art of Remembering', The Ukrainian Week 12 de marzo de 2012
- ↑ Koshelivets I & Stech M B, 2006 'Maik Yohansen', Internet Encyclopaedia of Ukraine
- ↑ Pavlyshyn, M. 2010, 'Literary travel: Ukrainian journeys toward the national and the modern Arquivado 01 de decembro de 2020 en Wayback Machine.', Miskin Hill, Vol.43, Nos.1–2
- ↑ 'Zvenyhora, 1927', 2015, Ukrainian Film Club of Columbia University
- ↑ Голос України (Voz de Ucraína). — 2015. — № 29 (6033). — 18 de febreiro.— С. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Majk Johansen no sitio web da "Biblioteca da cidade de Kiev" (en ucraíno)