Mahathir bin Mohamad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTun (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mahathir bin Mohamad
Royal Family Order of Kedah (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1925 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Alor Setar (Estados Malaios Não-Federados) Editar o valor em Wikidata
Q110133371 Traducir
10 de maio de 2018 – 24 de febreiro de 2020
Primeiro-ministro da Malásia (pt) Traducir
10 de maio de 2018 – 1 de marzo de 2020
← Najib Razak (pt) TraducirMuhyiddin Yassin →
21º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
20 de febreiro de 2003 – 31 de outubro de 2003
← Thabo MbekiAbdullah Ahmad Badawi →
Minister of Finance 2 (en) Traducir
5 de xuño de 2001 – 2 de novembro de 2003
Minister of Finance 2 (en) Traducir
2 de setembro de 1998 – 7 de xaneiro de 1999
Minister of Home Affairs (en) Traducir
8 de maio de 1986 – 8 de xaneiro de 1999
← Musa Hitam (en) TraducirAbdullah Ahmad Badawi →
Minister of Defence (en) Traducir
18 de xullo de 1981 – 6 de maio de 1986
← Abdul Taib Mahmud (en) TraducirAbdullah Ahmad Badawi →
Primeiro-ministro da Malásia (pt) Traducir
16 de xullo de 1981 – 31 de outubro de 2003
← Hussein OnnAbdullah Ahmad Badawi →
Q110133371 Traducir
16 de xullo de 1981 – 30 de outubro de 2003
Minister of International Trade and Industry (en) Traducir
1 de xaneiro de 1978 – 16 de xullo de 1981
← Hamzah Abu Samah (en) Traducir
Deputy Prime Minister of Malaysia (en) Traducir
5 de marzo de 1976 – 16 de xullo de 1981
← Hussein OnnMusa Hitam (en) Traducir →
Minister of Education (en) Traducir
5 de setembro de 1974 – 31 de decembro de 1977
← Mohamed Yaacob (en) TraducirMusa Hitam (en) Traducir →
Member of the Dewan Negara (en) Traducir
30 de decembro de 1972 – 23 de agosto de 1974
Member of the Dewan Rakyat (en) Traducir

Lexislatura: 14th Malaysian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Langkawi (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMalaisia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaNacionalismo econômico (pt) Traducir e neutralism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Malaya (en) Traducir (–1953)
Universidade Nacional de Singapura (pt) Traducir
Yong Loo Lin School of Medicine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , médico , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoParti Bumiputera Perkasa Malaysia (en) Traducir (2023–)
Homeland Fighter Party (en) Traducir (2020–2023)
político independente (2020–2020)
Malaysian United Indigenous Party (en) Traducir (2016–2020)
United Malays National Organisation (en) Traducir (–2016) Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioTun M
Dr M Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua malaia e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSiti Hasmah Mohamad Ali (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMarina Mahathir (pt) Traducir, Mirzan Mahathir (en) Traducir, Melinda Mahathir (en) Traducir, Mukhriz Mahathir (pt) Traducir, Mokhzani Mahathir (en) Traducir, Mazhar Mahathir (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMohamad bin Iskandar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Wan Tempawan Wan Hanapi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHabsah Mohamad (en) Traducir, Murad Mohamad (en) Traducir, Rafeah Mohamad (en) Traducir, Mashahor Mohamad (en) Traducir, Omar Mohamad (en) Traducir, Johora Mohamad (en) Traducir, Mustaffa Mohamad (en) Traducir e Mahadi Mohamad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webthechedet.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4504250 Facebook: TunDrMahathir Twitter: chedetofficial Instagram: chedetofficial Musicbrainz: 5ef869f6-d103-4aa0-a0f6-575017e10696 Editar o valor em Wikidata

Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946, antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico. Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente inimizouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[3] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro trala renuncia do seu predecesor, Hussein Onn.

Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.

Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisio con máis anos no cargo. Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016. Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006, e máis tarde Najib Razak en 2015.[4] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes debacles electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Razak a pesar do escándalo que rodeaba a organización Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016, sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[5]

O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[6] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que el mesmo enviara a prisión en 1998, Anwar Ibrahim. Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Ibrahim, coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos. A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir, que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan. Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018. Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro, o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país. En febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Profile of Mahathir Mohamad
  2. It's official, Dr M is Malaysia's seventh PM... and the world's oldest
  3. Abdul Rahman, Tunku (setembro de 1969). May 13 – Before and After. Kuala Lumpur: Penerbitan Utusan Melayu. pp. 117–121. 
  4. Kaos Jr., Joseph (4 de abril de 2015). "Dr M past his quiet stage, asks Najib to step down". The Star (Malaisia). Consultado o 7 de agosto de 2015. 
  5. "Dr Mahathir quits Umno, again". The Star Online. 19 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  6. "Dr Mahathir’s new party officially registered". Free Malaysia Today FMT News. 9 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  7. "Malaysia gets new PM, Muhyiddin Yassin, after week of turmoil". BBC (en inglés). 1 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]