Reino de Frisia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Poboación | ||||
Lingua oficial | Old Frisian (en) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 500 | |||
Disolución | 734 | |||
Sucedido por | Reino franco | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
O Reino de Frisia, tamén coñecido como Magna Frisia, é o nome moderno para unha entidade política ou reino en parte do que agora son os Países Baixos e o norte de Alemaña, establecido por volta do 600 e desaparecido tras a batalla do Boarn (734) gañada polos francos.
Antes das migracións xermánicas
[editar | editar a fonte]Antes do período coñecido como migracións xermánicas a tribo xermánica dos frisii habitaba as rexións baixas entre o Zuiderzee e o río Ems compartían unha mesma cultura material con outras tribos xermánicas que se estendían ata Xutlandia como os chauci, os saxóns ou os anglos que non se poden diferenciar arqueoloxicamente.[1] O pouco que se sabe sobre os frisii e os seus reis procede de crónicas romanas sobre a visita a Roma de dous dos seus reis, Malorix e Verritus, no século I. Cara ao 400 os frisii abandonaron o país e desapareceron dos rexistros arqueolóxicos.
Migracións xermánicas
[editar | editar a fonte]Durante as migracións xermánicas "novos" frisios (probablemente unha unión de anglos, saxóns, xutos e frisii) reasentáronse no norte e no oeste dos Países Baixos.[2] Os frisios consistían de tribos sen moita cohesión, baseadas en bandas bélicas pero con escaso poder. Na segunda metade do século VII o reino frisio acadou a súa máxima extensión xeográfica.[3]
Reis
[editar | editar a fonte]Hai dúbidas sobre a existencia dunha autoridade central permanente[4] ou se tiña unha unidade administrativa[5]. En todo caso só coñecemos o nome de tres reis, que as fontes francas denominan duques.
Aldgisl
[editar | editar a fonte]Durante o reinado de Aldgisl, os frisios entraron en conflito co mordomo de palacio franco Ebroin, polo control das vellas fortificacións romanas fronteirizas. Aldgisl logrou manter os francos a distancia co seu exército. No ano 678 recibiu ao bispo inglés Wilfrid, que como el estaba enfrontado aos francos.[6]
Redbad
[editar | editar a fonte]Baixo Redbad os francos tomaron vantaxe, no ano 690 os francos venceron na batalla Dorestad dirixidos polo mordomo Pepin de Herstal,[7] como consecuencia Dorestad pasou a mans francas de novo, así como os castelos de Utrecht e Vechten, aumentado a influencia franca en territorio frisio e establecéndose unha misión católica entre os pagáns frisios coa constitución dunha sé episcopal en Utrecht en 695 coa consagración do bispo Willibrord,[8] así como o matrimonio entre Grimoald o Novo o fillo máis vello de Pepin e Thiadsvind, filla de Redbad, no ano 711.[6]
Tras a morte de Pepin, en 714, Redbad aproveitouse das disputas pola sucesión e volveu a controlar o sur de Frisia, asinando un tratado co mordomo Ragenfrid, así que en 716 o seu exército puido chegar ata Colonia, vencendo na batalla de Colonia,[9] volvendo cara ao norte cun gran botín. Redbad mobilizou un grande exército para invadir o reino franco por segunda vez pero enfermou e morreu no outono do ano 719.[10]
Descoñécese o seu sucesor, pero o caso é que o franco Carlos Martel invadiu facilmente Frisia con escasa resistencia, anexionando Frisia Citerior (territorio ao sur do Rin), chegando ademais ata o río Vlie.[6]
Poppo
[editar | editar a fonte]En 733 Carlos Martel enviou un novo exército contra os frisios, retirándose as tropas frisias a Eastergoa. Ao ano seguinte Carlos trasladou ao seu exército a través do lago Almere cunha frota que lle permitiu chegar ata De Boarn, e na batalla derrotaron aos frisios,[6] (p795) morrendo o seu rei Poppo.[9] Os vencedores saquearon e queimaron os santuarios pagáns.
Despois da conquista franca
[editar | editar a fonte]Tras a batalla do Boarn], os francos anexionaron o territorio frisio entre Vlie e Lauwers, conquistando as terras ao leste de Lauwers no 785 cando Carlomagno derrotou ao saxón Widukind. Os carolinxios deixaron Frisia baixo o mando dun grewan, un título semellante ao dun conde no seu primitivo sentido de "gobernador" máis ca do "señor feudal".[11] (p205)
Durante o reinado de Carlomagno recopilouse a Lex Frisionum, o código legal dos frisios en latín.
Clases sociais
[editar | editar a fonte]Non existía o sistema feudal no tempo do reino frisio. Os rexistros frisios máis antigos recollen catro clases sociais ethelings (nobiles nos documentos latinos) e frilings, que xuntos constituían os "frisios libres" que podían comparecer nos tribunais, e os laten ou liten cos escravos, encadrados nos laten durante a Alta Idade Media [11][12] Os laten estaban ao cargo de terras das que non tiñan a propiedade, ligados ao xeito de servos, pero no período final do reino podían mercar a súa liberdade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Haywood, John (1999). Dark Age Naval Power. A reassessment of Frankish and Anglo-Saxon Seafaring Activity. Anglo-Saxon Books. pp. 17–19. ISBN 978-1898281221.
- ↑ Halbertsma, Herrius (2000). Frieslands oudheid: het rijk van de Friese koningen, opkomst en ondergang. Utrecht: Matrijs. p. 792. ISBN 9789053451670.
- ↑ Es, Willem A. van; Hessing, Wilfried A. M (1994). Romeinen, Friezen en Franken in het hart van Nederland : van Traiectum tot Dorestad 50 v.c.-900 n.c. Utrecht: Mathijs. pp. 90–91. ISBN 9789053450499.
- ↑ RTV Noord. Para o arqueólogo Johan Nicolai era unha unión de pequenos reinos
- ↑ [M.F.P. Dijkstra, Rondon de mondingen van Rijn & Maas: landschap en bewoning tussen de 3e en 9e eeuw in Zuid-Holland, 2011, pp., 376-378. Cre que é posible que en tempos do rei Redbad houbera unha unidade administrativa]
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Halbertsma, Herrius (1982). "Summary". Frieslands Oudheid (PDF) (en neerlandés). Groningen: Rijksuniversiteit Groningen. pp. 791–798. OCLC 746889526. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2013.
- ↑ Blok, Dirk P. (1968). De Franken : hun optreden in het licht der historie. Fibulareeks (en neerlandés) 22. Bussum: Fibula-Van Dishoeck. pp. 32–34. OCLC 622919217. Consultado o 2014-09-17.
- ↑ it Liber Pontificalis (Corpus XXXVI 1, side 168) en Beda Venerabilis (Corpus XLVI9, page 218)
- ↑ 9,0 9,1 "Geschiedenis van het volk der Friezen". boudicca.de (en neerlandés). 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 2009-01-22.
- ↑ Halbertsma, Herrius (2000). Frieslands oudheid: het rijk van de Friese koningen, opkomst en ondergang (en neerlandés) (New ed.). Utrecht: Matrijs. ISBN 9789053451670.
- ↑ 11,0 11,1 Homans, George C. (1957). "The Frisians in East Anglia". The Economic History Review. New series 10 (2) (Wiley). pp. 189–206. ISSN 0013-0117. JSTOR 2590857.
- ↑ Siebs, Benno E. (1933). Grundlagen und Aufbau der altfriesischen Verfassung. Untersuchungen zur deutschen staats- und Rechtsgeschichte (en German) 144. Breslau: Marcus. OCLC 604057407.