Madeleine Delbrêl
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1904 Mussidan, Francia |
Morte | 13 de outubro de 1964 (59 anos) Ivry-sur-Seine, Francia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Membro de | |
Enaltecemento | |
Premios | |
| |
Madeleine Delbrêl, nada o 24 de outubro de 1904 en Mussidan (Dordoña) e finada o 13 de outubro de 1964, foi unha mística cristiá, asistente social, e escritora.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia irrelixiosa. Aos doce anos coñeceu a algúns sacerdotes que lle achegaron á fe, mais aos quince anos contactou con intelectuais que a afastaron novamente dela, até a súa conversión definitiva aos vinte anos. Foi unha asistente social moi activa, e traballou nos barrios obreiros da periferia de Ivry-sur-Seine, onde tivo confrontacións coas correntes ateas marxistas, anunciando o Evanxeo. Escribiu ensaio e poesía, cunha forte pegada mística.
Veneración
[editar | editar a fonte]En 1993 comezou a súa causa de canonización na diocese de Créteil, e a fase diocesana do proceso rematou ao ano seguinte, en outubro de 1994. O 26 de xaneiro de 2018 o papa Francisco proclamouna venerable.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |