Machada de dobre anel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Machada de dobre anel
Material:-
Peso:-
Medidas:24,4 x 6,1 x 2,6 cm
Ano da descuberta:1881
Lugar:Paradela, Meis
Data:séculos VII-VI a. C.
Museo:Biblioteca Museo Víctor Balaguer

A Machada de Dobre Anel é unha machada de bronce dos séculos VII-VI a. C. descuberta en Paradela, Meis e que actualmente forma parte da Biblioteca Museo Víctor Balaguer de Villanueva y Geltrú, en Cataluña. Mide 24,4 x 6,1 x 2,6 cm e pasou a formar parte da colección do museo grazas á doazón de Ramón del Valle en 1884.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pertence ao período do bronce final. É unha machada de talón de dobre anel feita con molde, este tipo de ferramentas son semellantes a outras que se atoparon en Samieira e adoitan ter unha elevada proporción de estaño en comparación co cobre e outros elementos menores como o chumbo, o cinc ou o arsénico. Ten unha folla de perfís paralelos, de corte curto e unha nervadura central que non supera os dous terzos da lonxitude total da folla.

Este tipo é característico do noroeste peninsular e son numerosos os achados, en Galicia, de obxectos de bronce en acobillos ou depósitos mercantes do período de bronce final atlántico. A súa distribución dase na meseta, a costa cantábrica, a Bretaña e o sur de Inglaterra. Outros achados coñecidos en Pontevedra son os de Hío, Samieira e Ribadelouro.

En 1881 atopouse na parroquia de Santa María de Paradela, no interior dunha caixa formada por lousas, setenta e dúas machadas de bronce de formas variadas, que foron vendidas a un fundidor, excepto un exemplar que quedou nas mans de Cástor Montenegro, párroco de San Vicente de Nogueira, quen llo regalou a Ramón del Valle[1], pai do Premio Nobel de Literatura, Ramón de Valle-Inclán)[2]. Ramón tivo a machada durante un tempo publicando o achazgo en La Voz de Arosa. Doou a peza o 1 de novembro de 1884 con unha carta dirixida a Víctor Balaguer e publicada no BMVB.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trullén, Josep Maria (2001). Biblioteca Museu Víctor Balaguer. Guia de les col·leccions del Museu. Villanueva y Geltrú: Organisme Atònom V. Balaguer. p. 33. ISBN 84-931438-3-9. 
  2. Ferrer Soler, Albert (1945). "El depósito de bronces de Santa María de Paradela (Provincia de Pontevedra)". Empúries (7-8): 349–350. 
  3. del Valle, Ramón (1885). "Noticias". Boletín de la Biblioteca Víctor Balaguer (5, 7 e 8).