Ramón del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón del Valle
Padre de Valle-Inclán.jpg
Nacemento1823
Falecemento1890
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro, nado en 1823 e finado en 1890, foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mariño, navegando como piloto contador no barco de guerra Atalaya. Foi redactor de La Opinión Pública. En Vilagarcía foi director de El Eco de la Ría de Arosa e fundou La Voz de Arosa; tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Poeta, foi laureado pola súa composición "A la ría de Arosa" nun certame de Compostela.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores de la Peña y Montenegro e foi pai de Ramón María del Valle-Inclán.