Samieira, Poio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samieira
Samieira.jpg
Igrexa de Santa María de Samieira.
Concello Poio
Poboación 1.057 hab. (2013)
Entidades de poboación 12

Santa María de Samieira é unha parroquia do concello de Poio. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.057 habitantes (537 mulleres e 520 homes) distribuídos en 12 núcleos de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 1.063 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada na parte setentrional da ría de Pontevedra. O territorio da parroquia esténdese dende o mar até o monte, limitando ao norte coas parroquias de Simes (Meaño), A Armenteira (Meis) e Dorrón (Sanxenxo); ao sur co mar; ao leste coa parroquia de Combarro e ao oeste coa parroquia de Raxó.

Lenda da campá da igrexa[editar | editar a fonte]

A lenda máis coñecida e divulgada do lugar explica como se orixinou a crenza popular de que a campá de Samieira é a que mellor resoa de entre todas as igrexas dos arredores.

Hai moitos séculos, os mouros que habitaban nos montes adoitaban tramar maldades contra os cristiáns. Unha delas foi roubar a campá da Catedral de Santiago de Compostela, que estivo desaparecida durante moito tempo, tendo que facer outra nova para colocar no seu lugar. Un día, un veciño de Samieira que se atopaba vixiando as vacas que estaban a pastar, deuse conta de que unha delas estaba a tirar dunha ramallada e que cada vez que o facía, sentía o repenicar dunha campá na beira do río. Seguindo a rama o home descubriu a campá escondida baixo terra. A campá foi devolta á catedral e como recompensa, a nova campá que foi construída para substituír a roubada entregouse como agasallo á parroquia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Samieira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Samieira no concello pontevedrés de Poio

Arén | Cova da Laxe | O Covelo | A Igrexa | As Laxes | Pedreisón | Publicada | O Pumar | Riodama | Seimorzáns | Tarrío | Teinogueira

Parroquias de Poio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio

Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]