Maaja Ranniku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaaja Ranniku
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1941 Editar o valor em Wikidata
Abja-Paluoja, Estonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 2004 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Talín, Estonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstonia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Femenina (1964)
Woman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1964) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.305 (1975)<
Participou en
1992Women's Chess Olympiad 1992 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Maaja Ranniku, nada en Abja-Paluoja o 1 de marzo de 1941 e finada en Talín24 de outubro de 2004, foi unha xadrecista estoniana que competiu baixo a bandeira soviética até 1991. Obtivo o título de Mestra Internacional Feminina en 1964.[1]

Resultados destacados[editar | editar a fonte]

Ranniku gañou dúas veces o Campionato Feminino de Xadrez da URSS, en 1963 (despois de vencer a Tatiana Zatulovskaia por 4-2 no tie break) e en 1967.

Foi campioa feminina de Estonia en dez ocasións (1961, 1963, 1967, 1973, 1981, 1982, 1984, 1987, 1988 e 1991).

En 1964 participou no Torneo de Candidatas en Sukhumi. Quedou en sexto lugar dun total de 18 xogadoras.[2]

Os seus mellores resultados en torneos internacionais foron o primeiro posto en Budapest (1969) e en Brașov (1971), o segundo lugar en Vrnjačka Banja (1973) e o terceiro lugar no torneo zonal feminino en Bixkek (1978).

En 1992 xogou coa selección de Estonia nas Olimpíadas de Xadrez de Manila. Marcou 6½ puntos en 11 partidos.

Notas[editar | editar a fonte]