Microvariability and Oscillations of Stars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «MOST»)
Microvariability and Oscillations of Stars / MOST
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónAxencia Espacial Canadense[1]
Data de lanzamento30 de xuño de 2003, 14:15 UTC[2][3][4]
Foguete portadorRokot[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[3][5]
Obxectivo da misiónObservacións astrosismolóxicas.[3][5]
NSSDC ID2003-031D
Masa51 kg[1][3][5]
Datos orbitais
Semieixo maior7201 km[2]
Inclinación98,7 graos[2]
Apoapse830,2 km[2]
Periapse817,4 km[2]

MOST, acrónimo de Microvariability and Oscillations of Stars, é un observatorio espacial da Axencia Espacial Canadense usado para facer medicións da variabilidade das estrelas. Foi lanzado o 30 de xuño de 2003 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Rokot.[1][3]

Características[editar | editar a fonte]

MOST ten forma de caixa de 65 x 65 x 30 cm e unha masa de 51 kg. Leva como único instrumento un telescopio reflector de 15 cm de apertura para estudar as variacións no brillo das estrelas causadas polas ondas de son na súa superficie e polo tránsito de posibles planetas.[1][3][4]

Os obxectivos científicos de MOST son:[1][2][3]

  • Estudar a astrosismoloxía das oscilacións dos modos acústicos e gravitatorios en varios tipos de estrelas.
  • Estudar os tránsitos e eclipses de exoplanetas arredor de estrelas de tipo solar e ananas roxas.
  • Medir as variacións turbulentas en estrelas masivas e evolucionadas (estrelas Wolf Rayet).
  • Medir a estrutura e variabilidade dos discos de gas e po arredor de estrelas da secuencia preprincipal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MOST" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MOST" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "MOST" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 16 March 2006 from the Permanent Mission of Canada to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-57629). 11 de outubro de 2006: 5. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "Most" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]