Metal Machine Music

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Metal Machine Music
Álbum de Lou Reed
Duración64:11
Xénero(s)noise, avant-garde
Selo(s)RCA Records
Producido porLou Reed
Cronoloxía
Lou Reed Live Metal Machine Music Coney Island Baby

Metal Machine Music (subtitulado *The Amine β Ring) é o quinto álbum do músico estadounidense Lou Reed. Foi orixinalmente editado coma álbum duplo polo selo RCA Records en xullo de 1975. Foi reeditado como un único CD pola BMG en 1997 e no ano 2000 a través do selo Buddah Records. En 2011 Reed lanzou unha edición remasterizada do álbum.[1][2]

Neste disco Reed afástase do resto do seu catálogo ao non estar o álbum formado por cancións ou composicións con estruturas recoñecibles, evitando melodía e ritmo para obter retroalimentación e efectos de guitarra modulados, mesturados a varias velocidades por Reed. No libreto do álbum, Reed afirmaba ter inventado o heavy metal, e dicía que Metal Machine Music foi a conclusión última do xénero.

O álbum custoulle a Reed credibilidade na industria musical á vez que posteriormente lle abriu as portas para algún do seu material máis experimental. Aínda que tivo recensións negativas dende o seu lanzamento, Metal Machine Music no presente é considerado un precursor da música industrial, do noise rock, e da arte sonora contemporánea.[3][4] En 2010 Reed, Ulrich Krieger e Sarth Calhoun collaboraron para xirar tocando improvisación libre inspirada no disco como Metal Machine Trio.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Cara 1[editar | editar a fonte]

  1. "Metal Machine Music, Part 1"  – 16:10

Cara 2[editar | editar a fonte]

  1. "Metal Machine Music, Part 2"  – 15:53

Cara 3[editar | editar a fonte]

  1. "Metal Machine Music, Part 3"  – 16:13

Cara 4[editar | editar a fonte]

  1. "Metal Machine Music, Part 4"  – 15:55

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lou Reed is back with experimental music of 1970s". Reuters (en inglés). 2010-04-20. Consultado o 2020-07-12. 
  2. Rowe, Matt (2011-06-08). "Lou Reed Reissues Newly Remastered Metal Machine Music". The Morton Report (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-12. 
  3. "Lou Reed Defends 'Metal Machine Music' Ahead of Album's Re-Release - Spinner". web.archive.org. 2012-03-20. Archived from the original on 20 de marzo de 2012. Consultado o 2020-07-12. 
  4. Morley, Paul (2010-04-10). "Paul Morley on music: Lou Reed's Metal Machine Music". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2020-07-12.