Músculos escalenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculos escalenos
Scalenus.png
Músculos vertebrais antereriores.
Gray384.png
Sección do colo aproximadamente ao nivel da sexta vértebra cervical. Amósase a disposición da fascia cervical profunda.
Orixe Vértebras cervicais C2-C7.
Inserción    Primeira e segunda costelas.
Vascularización Arteria cervical ascendente
Rama da arteria tiroide inferior.
Innervación Nervios C3-C6.
Accións Elevación da primera e segunda costelas.

Os músculos escalenos (do grego σκαληνός skalēnós 'oblicuo' ou 'desigual')[1] son un grupo de tres parellas de músculos de diferente medida pertencentes á rexión lateral fonda do pescozo.

Características[editar | editar a fonte]

Tipos[editar | editar a fonte]

Son en total tres músculos en cada lado:

  • Anterior: insírese na terceira vértebra superiormente e na cuarta, quinta e sexta inferiormente. Estende febras cara ao tubérculo de Lisfranc da primeira costela. Dentro das relacións topográficas que mantén, hai que sinalar que, ao londo da súa cara anterior, descende o nervio frénico, e que, a nivel da súa inserción costal, o músculo é cruzado por diante pola vea subclavia e por detrás pola arteria subclavia e o plexo braquial.
  • Medio: insírese na segunda vértebra superiormente e na terceira, cuarta, quinta e sexta inferiormente. Estende febras cara á primeira e segunda costela. Por diante deste músculo, a nivel da súa inserción costal, atópanse o plexo braquial e a arteria subclavia.
  • Posterior: insírese na cuarta vértebra superiormente e na quinta e sexta inferiormente. Estende febras cara á segunda costela.

Os tres insírense na apófise transversa bituberculosa da sexta vértebra cervical. Áchanse cubertos pola aponeurose escalénica, unha prolongación da aponeurose superficial.

Vascularización e innervación[editar | editar a fonte]

Ramas colaterais arteriais e nerviosas procedentes da columna vertebral.

Funcións[editar | editar a fonte]

  • Inclinan a testa sobre o pescozo cara ao lado.
  • Rotan a columna vertebral cara ao lado.
  • Soportan o peso de elementos sobre a testa.
  • Manteñen a testa erguida e fixan o pescozo.

Síndrome dos escalenos[editar | editar a fonte]

Existen diversos procesos que poden estreitar o desfiladeiro dos escalenos, así a existencia dunha costela cervical, a existencia dun cuarto músculo escaleno accesorio ou sinxelamente a hipertrofia do músculo escaleno anterior. En todos estes casos prodúcense alteracións neurolóxicas e vasculares na extremidade superior debido á compresión do plexo e da arteria subclavia, provocando deste xeito a síndrome dos escalenos.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anderson, Douglas M. (1994). Mosby's Dictionary of Medicine, Nursing & Health Professions. Mosby.