Saltar ao contido

Músculo esternocleidomastoideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo esternocleidomastoideo
m. sternocleidomastoideus Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Drenado por
 Orixe do músculo
 Inserción do músculo
Códigos e identificadores
Freebase/m/02ct4t Editar o valor en Wikidata
TA 98A04.2.01.008
CIE-111415319761 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776716027 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

O músculo esternocleidomastoideo ou esternocleidomastoide é un músculo da rexión superficial lateral do pescozo. As funcións principais son a de rotación da cabeza cara ao lado oposto e a flexión do colo. O esternocleidomastoideo está innervado polo nervio accesorio. Provén do cranio e vai ata as clavículas e escápulas.ercións

  • A nivel superior insírese na liña nucal superior e na apófise mastoide do temporal.
  • A nivel inferior insírese na cara superior da clavícula (parte posterointerna) e na fosa supraesternal do esterno.

Relacións

[editar | editar a fonte]

Ten unha cara superficial en contacto coa aponeurose cervical superficial e unha cara profunda relacionada co paquete vasculonervioso do pescozo, formado pola arteria carótide común, nervio vago e vea xugular interna. Na parte superior do pescozo a carótide común divídese en carótide interna e carótide externa.

Innervación e función

[editar | editar a fonte]

É innervado polo nervio accesorio (XI par cranial), raíces C2-C3. A súa función é a de manter a testa erguida e elevar os ombros.