Mónica González Santana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mónica González Santana
Nome completoMónica González Santana
Nacementoséculo XIX
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Oviedo e Universidade de Zaragoza
Ocupaciónhistoriadora e arqueóloga
editar datos en Wikidata ]

Mónica González Santana, nada en Ferrol, é unha historiadora e arqueóloga asturiana de orixe galega. É licenciada e doutora en historia pola Universidade de Oviedo e especialista en Estudos da Muller e Políticas para a Igualdade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ferrol pero criouse en Sotrondio, a vila do seu pai, en Samartín del Rei Aurelio, Asturias. En 2012 presentou a súa tese doutoral coa que conseguiu o seu Doutoramento. Ten ademais un máster en Museos: Educación e Comunicación pola Universidade de Zaragoza e é especialista en Estudos da Muller e Políticas para a Igualdade.[1]

Participou como investigadora, en varios proxectos I+D do Ministerio de Ciencia e Innovación de España, con proxección e participación de distintas universidades europeas. Esta formación, ademais, permitiulle participar en numerosos congresos e seminarios nacionais e internacionais, así como publicar distintos artigos e libros. De igual xeito, a súa traxectoria como investigadora fixo que traballase como docente en distintos programas do IAM, nos CPR de Oviedo e Avilés, así como na UNED ou en Extensión Universitaria.[2]

Profesionalmente dedícase á arqueoloxía, labor que a levou a vivir en distintos lugares da Península Ibérica. Compaxina o seu amor pola arqueoloxía coa Educación, Comunicación e accesibilidade patrimonial no Proxecto Castelo de Gauzón, en Castrillón[3] e no Museo Arqueolóxico de Asturias, en Oviedo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Relaciones de poder en las comunidades protohistóricas del Noroeste peninsular. Espacios sociales, prácticas cotidianas e identidades de género (TRABE, 2014)[4]

Notas[editar | editar a fonte]