Luísa Costa Gomes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1954 (70 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | guionista, dramaturga, escritora |
Premios | |
| |
Luísa Eugénia Sanches da Gama Costa Gomes, nada en Lisboa o 16 de xuño de 1954, é unha escritora, dramaturga e tradutora portuguesa.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Filla de Francisco Días Costa Gomes e da súa muller Noémia Maria de Albuquerque Sanches da Gama (Lisboa, 31 de maio de 1933) e neta materna de Eugénio de Albuquerque Sanches da Gama (Coímbra, 1890 - Lisboa, 1964) e da súa muller Noémia Judite Ferro de Beça (Luanda, 14 de xullo de 1904 - Lisboa, 10 de xuño de 1975).[2]
Licenciada en Filosofía na Universidade de Lisboa, foi profesora do Ensino Secundario e traballou tamén no programa Escritores nas Escolas.[3] Iniciouse como escritora ao publicar 13 Contos de Sobressalto (1982), e de aí en diante escribiu contos, novelas e teatro. Autora de crónicas, colaborou cos xornais O Independente, Público e Diário de Notícias. Fixo tradución literaria, sobre todo para teatro, e foi responsábel da edición da revista Ficções, dedicada á divulgación do conto, ben de autores estranxeiros, ben de autores portugueses.
A súa obra ten reflectido sinais temáticos e formais dunha correcta pos-modernidade literaria, tal como a auto-reflexividade da escrita, a «crise da representación», a cuestionamento e a deconstrución das fronteiras entre os xéneros, a ironía e o ludismo na utilización dos códigos literarios. O conxunto da obra pode ser visto, de feito, como un xogo constante entre a autora e os seus lectores, sorprendéndoos a cada libro pola multiplicidade e diversidade de rexistros e temas.[4]
O seu nome estivo relacionado moitas veces con tomas de posición a favor dos principios básicos da democracia.[5]
Obras iniciais
[editar | editar a fonte]Contos
[editar | editar a fonte]- Treze contos de sobressalto (1982). Bertrand. En 2006, Dom Quixote.
- O Gémeo Diferente (1984). Difel.
- Contos Outra Vez (1997). Cotovia
- Império do Amor (2002). Tinta Permanente
- A Galinha Que Cantava Ópera e outras histórias de animais! (2005). Dom Quixote. Literatura infantil.
- Setembro e outros contos (2007). Dom Quixote.
- Dom Mínimo, O Anão Enorme e Outras Histórias (2009). Texto Editores. Literatura infantil.
- Afastar-se. (Treze Contos Sobre Água) (2021). Dom Quixote. 224 páxs. ISBN 978-972-20-7227-4.
Novela
[editar | editar a fonte]- O Pequeno Mundo (1988). Quetzal. En 1993, Dom Quixote.
- Vida de Ramón (1994). Don Quixote.
- Olhos Verdes (1994). Don Quixote.
- O Defunto Elegante (1996). Relógio d’Água. Con Abel Barros Baptista.
- Educação para a Tristeza (1998). Editorial Presença.
- A pirata (2006). Don Quixote.
- Ilusão (ou o que quiserem) (2009). Dom Quixote.
- Cláudio e Constantino (2014). Dom Quixote.
- Florinhas de Soror Nada. A Vida de uma Não-Santa (2018). Dom Quixote.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Nunca Nada de Ninguén (1991). Cotovia.
- Ubardo (1993). Don Quixote.
- A miña Australia (1993). Don Quixote.
- Clamor (1994). Cotovia.
- Dúas Comedias (1996). Relógio d’Água.
- Vanessa vai à luta (1997). Cotovia.
- O Céu de Sacadura (1998). Cotovia.
- Arte de Conversação seguido de Vanessa Vai à Luta (1999). Cotovia.
- A Vida em Vénus (2007). Publicado en Panos (2008), Culturgest, con Dennis Kelly, Patrícia Portela e Letízia Russo.
Libretos
[editar | editar a fonte]- Cantata Sobre o Vulcão (1996). Con música de Luís Bragana Gil, levada a escena no Festival de Teatro do ACARTE (Fundação Calouste Gulbenkian), onde a autora asumiu tamén a escenografía.
- O Corvo Branco (1998). Con Abel Barros Baptista, ópera de Philip Glass con escenificación de Bob Wilson, estreada durante a Expo 98, en Lisboa
Outros
[editar | editar a fonte]- Antologia Filosófica. A reflexão filosófica do mito à razão dialética da acção e do conhecimento (1984). Con Ilda Figueiredo. Livros Horizonte.
- Isto e Mais Isto e mais Isto (2000). Editorial Notícias. 61 crónicas escritas antes nos xornais.
- Trava-línguas (2006). Dom Quixote. Literatura infantil. Pequenos textos, en prosa ou en verso, que xogan cos sons das palavras e que se distinguem por seren normalmente difíciless de dicir.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1988: Premio D. Dinis, por O Pequeno Mundo.
- 1995: Premio Máxima de Literatura, por Olhos Verdes.
- 1993: Premio Eça de Queirós, por Ubardo seguido de A Minha Austrália.[6]
- 1997: Grande Premio de Conto Camilo Castelo Branco, por Contos Outra Vez .
- 2010: Premio PEN Clube Português de Novelística.
- 2010: Premio Fernando Namora, por Ilusão ou O Que Quiserem.
- 2015: Grande Premio de Literatura dst.
- 2019: Prémio Literário Urbano Tavares Rodrigues, por Florinhas de Soror Nada [7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luísa Costa Gomes. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-24.
- ↑ Carlos Lourenço do Carmo da Câmara Bobone, 6.° Conde de Bobone (Lisboa, 1997). História da Família Ferreira Pinto Basto. pp. Volume I e Volume II.
- ↑ "Luísa Costa Gomes". Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-24.
- ↑ "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-24.
- ↑ Fidelizarte. "Luísa Costa Gomes". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-05-24.
- ↑ Infopédia. "Luísa Costa Gomes - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-24.
- ↑ "Luísa Costa Gomes vence Prémio Literário Urbano Tavares Rodrigues". Jornal Expresso (en portugués). Consultado o 2020-05-24.