Luís Sobrado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1942 (82 anos) Lalín, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | político |
Luís Martín Sobrado Fernández, nado na Xesta (Lalín) o 30 de setembro de 1942, é un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre e inspector de Educación. Doutor en Pedagoxía e titulado en Psicoloxía Pedagóxica pola Universidade Complutense de Madrid. É Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación da Facultade de Ciencias da Educación. Foi director do ICE e do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Foi Secretario Xeral do Partido Galeguista (1979-1981), pertenceu á comisión do Estatuto dos dezaseis e asinou o 29 de setembro de 1980 os pactos do Hostal da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.[1] O congreso do Partido Galeguista de xuño de 1981 que elixiu presidente a Alfonso Álvarez Gándara rematou coa expulsión do sector máis á esquerda dirixido por Luís Sobrado.[2]
En 2009 foi condenado por unha estafa á Universidade,[3] pero foi indultado o 8 de outubro de 2010.[4]
En 2017 recibiu a Medalla do Parlamento de Galicia como integrante do grupo de traballo encargado da elaboración do anteproxecto de Estatuto de autonomía de Galicia.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Orientaciones curriculares para la integración en educación especial, 1985, Tórculo.
- Calidad de los programas de formación del profesorado de preescolar, 1986.
- Intervención psicopedagógica y orientación educativa, 1990.
- Servicios de orientación ós centros educativos, 1996, Edicións Laiovento.
- Evaluación psicopedagógica y orientación educativa, 2000 (con Camilo Ocampo Gómez).
- Orientación e inserción profesional, 1998.
- Orientación e intervención sociolaboral, 1999.
- Estratexias de orientación psicopedagóxica no ensino secundario, 1998.
- Orientación profesional. Diagnostico e inserción sociolaboral, 2000.
- Diagnóstico en educación. Teoría, modelos y procesos, 2002.
- Evaluación y Orientación de Competencias y Calificaciones Profesionales, 2004.
- A calidade educativa dos centros docentes. Valoración e desenvolvemento, 2006.
- Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos, 2007.
- Tecnologías de la información y comunicación. Uso en orientación profesional y en la formación, 2011.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Fe Taboada Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis Sobrado,'pai do Estatuto': Hai que axustar o texto aos novos tempos". Consultado o 10 de novembro de 2011.
- ↑ Justo G. Beramendi e Xosé M. Núñez Seixas (1996) O nacionalismo galego. A Nosa Terra, p. 265
- ↑ "Condenado a 5 años un catedrático por estafar 6.309 euros a la universidad" (7/11/2009). La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Real Decreto 1278/2010, de 8 de octubre, por el que se indulta a don Luis Martín Sobrado Fernández BOE (en castelán).
- ↑ Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 6 de febreiro de 2017, de concesión da Medalla do Parlamento de Galicia (extracto)[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 98. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha e galegos.info
- Entrevista en educaweb.com Arquivado 03 de marzo de 2010 en Wayback Machine.