Saltar ao contido

Luís López Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís López Bueno
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
San Miguel de Castro, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, futbolista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata

Facebook: 100012434222270 Instagram: luislbueno LinkedIn: luislópezbueno Editar o valor en Wikidata

Luís López Bueno, nado en San Miguel de Castro, A Estrada, o 9 de novembro de 1993, é un político do PSdG-PSOE e porteiro de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023.

Estudou Dereito e Mestrado en administración de negocios na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou nunha cooperativa galega do sector tecnolóxico e actualmente como tramitador procesual e administrativo no Servizo de Xustiza da Xunta de Galicia. Xogou de porteiro, entre outros equipos, no Praiña Sportíng Club, na Sociedade Deportiva Bandeira e no Club Deportivo Lalín.[1]

Secretario xeral das Xuventudes Socialistas da Estrada entre 2016 e 2019, encabezou a lista do seu partido nas Eleccións municipais de 2019 e nas Eleccións municipais de 2023. Nas Eleccións xerais de España de 2023 foi de número dous na lista socialista para o Senado por Pontevedra, tras Carmela Silva.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]