Lunar Reconnaissance Orbiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Reconnaissance Orbiter / LRO
LRO (2007) 4.jpg
Representación artística de LRO en órbita luar.
Tipo Científico
Organización NASA
Destino actual En servizo en órbita luar.
Data de lanzamento 18 de xuño de 2009, 21:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Atlas V[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misión Estudo da Lúa.[2][6]
NSSDC ID 2009-031A
Masa 1000 kg[2]
Potencia 1850 vatios[2]

LRO (acrónimo de Lunar Reconnaissance Orbiter) é un satélite artificial estadounidense lanzado o 18 de xuño de 2009 mediante un Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

LRO é unha sonda espacial enviada á Lúa para facer diversos estudos científicos. A súa misión principal é cartografiar a superficie luar e buscar sitios para posibles futuras alunizaxes, así como buscar posibles recursos utilizables por hipotéticas misións tripuladas e estudar o contorno de radiación da Lúa.[2][5][6]

LRO foi lanzado xunto coa sonda LCROSS o 18 de xuño de 2009. Chegou á Lúa o 23 de xuño seguindo unha traxectoria directa, entrando nunha órbita inicial cun período de 5 horas e un periapse duns 100 km. A órbita de traballo final é circular e cunha altura de 50 km.[2][5][6]

LRO estabilízase nos tres eixos. A alimentación eléctrica é proporcionada por un panel solar de 10,7 m² que produce ata 1850 vatios de potencia que se almacenan nunha batería de ións de litio cunha capacidade de 80 amperios-hora. As comunicacións teñen lugar en banda S para a subida de comandos e para a desgarga de datos a baixa velocidade, e en banda Ka para descarga de alta velocidade (ata 300 Mbps). LRO leva ata 92 kg de instrumentación científica.[2][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

LRO leva a bordo os seguintes instrumentos científicos:[2][5][6]

  • Lunar Reconnaissance Orbiter Camera (LROC): composto por dúas cámaras monocromáticas de alta resolución (ata 1 metro) e unha cámara gran angular (100 metros de resolución) en cor e ultravioleta.
  • Lunar Orbiter Laser Altimeter (LOLA): altímetro láser para medir terreos inclinados e buscar xeos polares.
  • Lunar Exploration Neutron Detector (LEND): detector de neutróns para a buca de xeo de auga e caracterizar o contorno de radiación da Lúa.
  • Diviner Lunar Radiometer Experiment (DLRE): radiómetro para medir a temperatura da superficie luar e identificar trampas frías e posibles depósitos de xeo.
  • Lyman-Alpha Mapping Project (LAMP): un cartografiador na lonxitude de onda Lyman alfa para estudar a superficie luar no ultravioleta distante.
  • Cosmic Ray Telescope for the Effects of Radiation (CRaTER): estuda a radiación cósmica de fondo usando plásticos nos que a radiación actúa de forma parecida a como o fai con texido orgánico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "LRO" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=35315. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO)" (en inglés). 27 de marzo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2009-031A. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  3. (PDF) Note verbale dated 5 August 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 23 de febreiro de 2010. pp. 5. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=3138. 
  4. "LRO" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2009.html#LRO. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "LRO (Lunar Reconnaissance Orbiter)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/lro.htm. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "LRO" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/lro.htm. Consultado o 7 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lunar Reconnaissance Orbiter