Saltar ao contido

Lunar Orbiter 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Orbiter 5
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter
TipoOrbitador lunar
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento1 de agosto de 1967, 22:33 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas SLV-3 Agena D[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][4][5]
Obxectivo da misiónFotografía da superficie lunar.[2][4][5]
Decaemento31 de xaneiro de 1968[1]
NSSDC ID1967-075A
Masa385,6 kg[2]
Potencia375 W[2]

Lunar Orbiter 5 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 1 de agosto de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Lunar Orbiter 5 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar partes do lado oculto da Lúa e facer un estudo xeral da mesma. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos e foi usada para probar a rede de seguimento e localización do proxecto Apollo.[1][2][4][5]

Lunar Orbiter 5 foi inxectada nunha órbita cislunar o 5 de agosto de 1967, chegando á Lúa e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 194,5 km e un apoapse inicial de 6023 km, cunha inclinación de 85° e un período de 8 horas e 30 minutos.[1][2][4][5]

A nave tomou fotografías entre o 6 e o 18 de agosto, transmitíndoas a terra ata o 27 de agosto. Tomou 633 imaxes de alta resolución e 211 de resolución media. A nave foi enviada a impactar contra a superficie lunar o 31 de xaneiro de 1968, usándose para probas de seguimento.[1][2][4][5]

  1. 1 2 3 4 5 6 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "LUNAR ORBITER 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (28 de outubro de 2022). "Lunar Orbiter 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2023.
  3. ↑ "Letter dated 4 January 1968 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (68-00595). 8 de xaneiro de 1968: 2. Consultado o 30 de xuño de 2023.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lunar Orbiter 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2023). "Lunar Orbiter" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]