Saltar ao contido

Lunar Orbiter 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Orbiter 2
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Lanzamento
6 de novembro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Localización
LQ14 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Lugar de saída
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03ls0f Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Lunar Orbiter 2 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 6 de novembro de 1966 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Lunar Orbiter 2 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.[1][2][3][4]

Lunar Orbiter 2 foi inxectada nunha órbita cislunar, chegando á Lúa tras 92,5 horas de viaxe. Colocouse nunha órbita elíptica case ecuatorial cun periapse inicial de 196 km (baixado ata os 49,7 km tras 33 órbitas) e un apoapse inicial de 1850 km, cunha inclinación de 11,8°.[1][2][3][4]

A nave tomou 609 imaxes de alta resolución e 208 de media resolución, perdéndose seis imaxes debido ao fallo dun amplificador no último día de transmisións. Tamén recolleu datos sobre a radiación, rexistrando tres impactos de micrometeoritos. Tras cumprir a súa misión a nave foi estrelada contra a superficie da Lúa o 11 de outubro de 1967, usándose para probar técnicas de seguimento.[1][2][3][4]

  1. 1 2 3 4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "LUNAR ORBITER 2" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
  2. 1 2 3 4 NASA (28 de outubro de 2022). "Lunar Orbiter 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2023.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lunar Orbiter 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2023). "Lunar Orbiter" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]