Luna E-6M
Aparencia
Luna E-6M ou Luna Ye-6M pola súa transliteración da lingua rusa, foi un modelo de sonda lunar soviética evolución das Luna E-6 e cun único membro.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A única representante de familia E-6M foi Luna 13, lanzada o 21 de decembro de 1966 mediante un foguete Molniya M. Cunha masa de 150 kg, Luna 13 era un aterrizador con forma esférica e que ao contacto coa superficie lunar, suavizado mediante airbags, abriu a súa cuberta en forma de catro pétalos para despregar as súas antenas e comezar a retransmitir datos científicos. A sonda levaba unha cámara a bordo, un densitómetro de radiación para estudar as propiedades físicas do solo, un penetrómetro e un dinamógrafo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Luna E-6M" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Luna Ye-6M" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luna E-6M |