Saltar ao contido

Luna E-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Réplica da Luna 1.

Baixo o nome de Luna E-1, Luna E1 ou Luna Ye-1 pola súa transliteración da lingua rusa, atópase a familia das primeiras sondas espaciais lunares soviéticas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Houbo catro sondas Luna E-1: tres delas fracasaron no seu intento sen nin sequera chegar a órbita, pero a cuarta, denominada Luna E-1 4 ou Luna 1, foi o primeiro obxecto artificial en alcanzar a velocidade de escape e chegar ás inmediacións da Lúa, achegándose a só 5995 km da superficie, aínda que o obxectivo das sondas Luna E-1 era impactar contra a superficie.[1]

As sondas Luna E-1 tiñan forma esférica, cunha masa de 361 kg e con cinco antenas e varios instrumentos sobresaíndo da superficie. As sondas non tiñan sistema de propulsión e incluían emblemas metálicos coa bandeira e o escudo da Unión Soviética.[1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 23 de setembro de 1958 Luna 1a Fallo Primeiro intento de lanzamento dunha Luna E-1. Desintegración do foguete aos 93 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores.
2 11 de outubro de 1958 Luna 1b Fallo Desintegración do foguete aos 104 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores.
3 4 de decembro de 1958 Luna 1c Fallo Apagado prematuro da etapa principal debido á falta de lubricación na bomba de peróxido de hidróxeno.
4 2 de xaneiro de 1959 Luna 1 Éxito Primeiro e último voo exitoso dunha sonda Luna E-1.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2011). "Luna E-1" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-L (8K72)" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]