Molniya (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Molniya M»)
Molniya 8K78
FunciónLanzador espacial medio
país de orixeUnión Soviética[1][2]
Tamaño
altura40,0 m (8K78 e 8K78M)[1][3], 44 m (8K78 E6)[4]
diámetro2,99 m (8K78 e 8K78M)[1][3], 2,95 m (8K78 E6)[4]
masa303.500 kg (8K78)[1], 305.460 kg (8K78M)[3], 306.200 kg[4]
Etapas4[1][3][4]
Carga LEO
masa1800 kg (8K78M)[3]
Carga Órbita de inxección cara Marte
masa900 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaR7 Semyorka
Lanzamento históricos
EstadoRetirados[1][1]
SitiosCosmódromo de Baikonur[1][2]
Total de lanzamentos40[1][2][3][4]
exitosos20[1][2][3][4]
fallos9[1][2][3][4]
Fallos parciais11[1][2][3][4]
Voo inaugural10 de outubro de 1960[1][2]
Último voo22 de outubro de 1967[1][2]
Acelerarores
altura19 m[1]
diámetro2,68 m[1]
masa baleiro3.800 kg (8K78)[1], 3770 kg[3]
masa cheo43.400 kg[1][3]
impulsado por1 RD-107[1]
potencia máxima995,3 kN[1]
Impulso específico314 s[1]
propelenteOsíxeno líquido/queroseno[1]
Primeira etapa
altura28,0 m[1]
diámetro2,99 m[1]
masa baleiro6800 kg[1]
masa cheo100.500 kg[1]
impulsado por1 RD-108[1][2]
potencia máxima941 kN (8K78)[1], 976,6 kN (8K78M)[3]
Impulso específico248 s (248 s a nivel do mar)[1]
propelenteQueroseno/oxíxeno líquido[1]
Segunda etapa
altura2,84 m[1]
diámetro2,56 m[1]
masa baleiro2000 kg (8K78)[1], 1976 kg (8K78M)[3]
masa cheo24.300 kg (8K78)[1], 24.800 kg (8K78M)[3]
impulsado por1 RD-0108 (8K78)[1], 1 RD-0110 (8K78M)[3]
potencia máxima294,0 kN (8K78)[1], 298,1 kN (8K78M)[3]
Impulso específico330 s[1]
propelenteQueroseno/oxíxeno líquido[1]
Terceira etapa
altura2,84 m (8K78)[1], 3,20 m (8K78M)[3]
diámetro2,56 m (8K78)[1], 2,40 m (8K78M)[3]
masa baleiro1080 kg (8K78)[1], 1160 kg (8K78M)[3]
masa cheo6660 kg[1]
impulsado por1 S1.5400[1]
potencia máxima65,41 kN (8K78)[1], 66,6 kN (8K78M)[3]
Impulso específico340 s[1]
propelenteQueroseno/oxíxeno líquido[1][3][4]
editar datos en Wikidata ]


Molniya foi un foguete soviético derivado do mísil balístico intercontinental R7 Semyorca (que lanzou o Sputnik I) e desenvolvido nun curto prazo de tempo na década de 1960 para ser usado en misións de exploración lunares e planetarias. Na década de 1970 foi usado para lanzar os satélites de comunicacións Molniya e os satélites de alerta temperá Oko.[1]

A orde para o inicio do desenvolvemento dos foguetes Molniya, coa intención de usalos para enviar sondas a Marte, foi asinada por Korolev o 15 de xaneiro de 1960 e o deseño preliminar foi finalizado o 10 de maio dese mesmo ano. As dúas primeiras etapas e os foguetes aceleradores baseáronse no mísil R7. A terceira etapa usaría un motor desenvolvido inicialmente para o mísil R9. Tódolos foguetes Molniya foron lanzados desde o cosmódromo de Baikonur.[1]

Variantes[editar | editar a fonte]

8K78[editar | editar a fonte]

A versión orixinal do foguete foi desenvolvida nun relativamente curto espazo de tempo, levando a problemas de deseño que resultaron nunha gran cantidade de fallos totais ou parciais nos primeiros lanzamentos.[3]

8K78M[editar | editar a fonte]

O 8K78M foi unha versión mellorada do 8K78. Podía usar as etapas Block ML, Block 2BL ou Block SO-L como terceira etapa, en función da carga.[4]

8K78-E6[editar | editar a fonte]

O 8K78-E6 foi unha adaptación especializada do Molniya para lanzar sondas luares da clase Luna E-6.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2][3][4] Data[1][2][3][4] Variante[1][2][3][4] Carga[1][2][3][4] Resultado[1][2][3][4] Notas
1 10 de outubro de 1960 8K78 Mars 1a (1M #1) Fallo Primeiro intento de lanzamento dun foguete Molniya. Levaba a bordo a primeira sonda soviética con destino a Marte. As vibracións do foguete afectaron ao sistema de guiado, impedíndolle alcanzar órbita.
2 14 de outubro de 1960 8K78 Mars 1b (1M #2) Fallo Segundo intento de lanzamento dun foguete Molniya, tamén cunha sonda marciana a bordo. A terceira etapa non chegou a acenderse debido a unha fuga de osíxeno líquido.
3 4 de febreiro de 1961 8K78 Venera 1a (1VA #1, Sputnik 7) Fallo parcial Unha explosión na terceira etapa impediu á sonda, dirixida a Venus, saír da órbita terrestre. A nave quedou en órbita da Terra e foi renomeada Sputnik 7.
4 12 de febreiro de 1961 8K78 Venera 1 Éxito Primeiro éxito dun foguete Molniya. A sonda Venera 1 foi propulsada correctamente cara Venus, pero sete días despois perdeuse o contacto con ela.
5 25 de agosto de 1962 8K78 Venera 2a (Sputnik 19) Fallo parcial Fallo da terceira etapa.
6 1 de setembro de 1962 8K78 Venera 2b (Sputnik 20) Fallo parcial Fallo da terceira etapa, que non chegou a acenderse.
7 12 de setembro de 1962 8K78 Venera 2c (Sputnik 21) Fallo parcial Fallo da terceira etapa.
8 24 de outubro de 1962 8K78 Mars 1c (Sputnik 22) Fallo parcial Explosión na cuarta etapa, rompendo a etapa e a nave en varias pezas que quedaron en órbita. O lanzamento ocorreu durante a crise dos mísiles cubanos e por un momento o mando norteamericano, detectando os restos en órbita mediante radar, valorou que se tratase dun ataque nuclear.
9 1 de novembro de 1962 8K78 Mars 1 Éxito O foguete Molniya puxo en órbita con éxito a primeira misión marciana soviética. O contacto coa sonda perdeuse cando estaba a 106 millóns de quilómetros da Terra.
10 4 de novembro de 1962 8K78 Mars 2a (Sputnik 24) Fallo parcial Fallo da primeira e terceira etapas.
11 4 de xaneiro de 1963 8K78-E6 Luna 4c (Sputnik 25) Fallo parcial Fallo da terceira etapa, que non chegou a acenderse. A nave, con obxectivo a Lúa, quedou en órbita terrestre.
12 3 de febreiro de 1963 8K78-E6 Luna 4d Fallo Fallo dos xiroscopios da terceira etapa e perda de orientación, producindo a reentrada da nave sobre o océano Pacífico.
13 2 de abril de 1963 8K78-E6 Luna 4 Éxito Luna 4 foi posta en órbita transluar correctamente polo foguete Molniya. A súa misión fallou posteriormente debido a que foi incapaz de realizar unha manobra de corrección de traxectoria.
14 11 de novembro de 1963 8K78 Kosmos 21 Fallo parcial A terceira etapa acendeuse, pero apuntando na dirección incorrecta.
15 19 de febreiro de 1964 8K78M Zond 1b Fallo Fallo da segunda etapa.
16 21 de marzo de 1964 8K78-E6 Luna 5a Fallo Fallo da terceira etapa.
17 27 de marzo de 1964 8K78M Zond 1c (Kosmos 27) Fallo parcial Perda de estabilidade da terceira etapa. A carga quedou en órbita terrestre.
18 2 de abril de 1964 8K78M Zond 1 Fallo parcial Perda de estabilidade da terceira etapa. A carga quedou en órbita terrestre.
19 20 de abril de 1964 8K78-E6 Luna 5b Fallo Fallo da cuarta etapa.
20 4 de xuño de 1964 8K78 Molniya 1a Fallo Fallo da primeira etapa. Intento errado de lanzar o primeiro satélite de comunicacións soviético.
21 22 de agosto de 1964 8K78 Molniya 1 (Kosmos 41) Éxito Primeiro lanzamento exitoso dun satélite de comunicacións soviético. O satélite tivo problemas máis tarde para despregar a antena.
22 30 de novembro de 1964 8K78 Zond 2 Éxito Lanzamento exitoso dunha sonda a Marte. As comunicacións coa sonda cesaron antes da chegada ao planeta roxo.
23 12 de marzo de 1965 8K78-E6 Luna 5c (Kosmos 60) Fallo parcial Fallo eléctrico na terceira etapa.
24 10 de abril de 1965 8K78-E6 Luna 5d Fallo Fallo de presión na terceira etapa.
25 23 de abril de 1965 8K78 Molniya-1 1 Éxito
26 9 de maio de 1965 8K78M Luna 5 Éxito
27 8 de xuño de 1965 8K78M Luna 6 Éxito
28 18 de xullo de 1965 8K78 Zond 3 Éxito
29 14 de outubro de 1965 8K78 Molniya-1 2 Éxito
30 12 de novembro de 1965 8K78M Venera 2 Éxito
31 16 de novembro de 1965 8K78M Venera 3 Éxito
32 23 de novembro de 1965 8K78M Venera 4a Fallo parcial Fallo na terceira etapa.
33 3 de decembro de 1965 8K78 Luna 8 Éxito
34 27 de marzo de 1966 8K78M Molniya-1 (3) Fallo
35 25 de abril de 1966 8K78M Molniya-1 3 Éxito
36 20 de outubro de 1966 8K78M Molniya-1 4 Éxito
37 24 de maio de 1967 8K78M Molniya-1 5 Éxito
38 31 de agosto de 1967 8K78M Molniya-1Yu 11L Éxito
39 3 de outubro de 1967 8K78M Molniya-1 6 Éxito
40 22 de outubro de 1967 8K78M Molniya-1 7 Éxito Último lanzamento dun foguete Molniya

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 1,49 1,50 1,51 1,52 1,53 Mark Wade (2011). "Molniya 8K78" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Molniya (8K78)" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 Mark Wade (2011). "Molniya 8K78M" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Mark Wade (2011). "Molniya 8K78/E6" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]