Saltar ao contido

Luna Ye-8-5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Réplica da Luna 16, unha sonda de tipo Luna Ye-8-5.

Baixo o nome de Luna Ye-8-5 atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por oito membros e cuxa misión era aterrar na Lúa e traer mostras da superficie lunar de volta á Terra.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión das sondas Luna Ye-8-5 era aterrar na superficie lunar, recoller unha mostra de solo e devolvela á Terra dentro dunha cápsula.[1][2]

Lanzáronse oito sondas modelo Luna Ye-8-5, dous das cales (Luna 16 e Luna 20) tiveron éxito e trouxeron á Terra un total de 130 gramos de solo lunar.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 19 de febreiro de 1969 Luna 15b Fallo Fallo do foguete lanzador.
2 13 de xullo de 1969 Luna 15 Fallo A sonda foi lanzada con éxito e posta en órbita lunar, pero estrelouse non momento de intentar aterrar.
3 23 de setembro de 1969 Luna 16a (Kosmos 300) Fallo parcial A última etapa do foguete perdeu oxíxeno líquido por culpa dunha válvula defectuosa, co que non puido impulsar á sonda cara a Lúa, quedando en órbita terrestre.
4 22 de outubro de 1969 Luna 16b (Kosmos 305) Fallo parcial Fallo do sistema de control da última etapa do foguete lanzador, quedando a sonda en órbita terrestre.
5 6 de febreiro de 1970 Luna 16c Fallo Fallo da primeira etapa do foguete lanzador.
6 12 de setembro de 1970 Luna 16 Éxito A sonda aterra con éxito e devolve á Terra 100 gramos de solo lunar. Primeiro retorno automático de mostras dun corpo celeste.
7 2 de setembro de 1971 Luna 18 Fallo A sonda foi posta con éxito en órbita lunar, pero estrelouse ó intentar aterrar.
8 14 de febreiro de 1972 Luna 20 Éxito A sonda aterrou con éxito e devolveu á Terra 30 gramos de solo lunar.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "Luna Ye-8-5" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Luna Ye-8-5" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]