Saltar ao contido

Luka Brajkovic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuka Brajkovic

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Feldkirch, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónDavidson College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018–2020 Davidson Wildcats men's basketball

Luka Brajkovic (en serbocroata: Luka Brajković), nado o 26 de xuño de 1999 en Feldkirch, Vorarlberg, é un xogador profesional de baloncesto austríaco. Cunha altura de 2,08 m xoga na posición de ala-pivote.[1] Formado na Universidade Davidson, en 2022 foi seleccionado como mellor xogador da Conferencia Atlantic 10. Actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Feldkirch, no estado austríaco de Vorarlberg, Brajkovic comezou a xogar ao baloncesto na súa cidade natal. En 2015, con 16 anos, asinou cos Dornbirn Lions da 2. Basketball-Bundesliga, a segunda categoría do baloncesto do seu país.[2] Durante a temporada fixo unha media 14,4 puntos, 8,7 rebotes e 2,2 tapóns por xogo. Grazas ao seu rendemento, varias universidades estadounidenses amosaron interese polo novo xogador. No verán de 2017, Brajkovic visitou o Davidson College, mais decidiu continuar o seu desenvolvemento en Dornbirn. Brajkovic tamén considerou trasladarse a Alemaña ao finalizar a temporada, mais finalmente non ocorreu.

En marzo de 2018, comprometeuse a xogar ao baloncesto universitario para Davidson, aínda que tamén dispuña de ofertas de Stanford, Purdue e Penn State. Escolleu os Wildcats en parte porque o adestrador Bob McKillop viaxou a Austria dúas veces para recrutalo. No seu primeiro ano nos Estados Unidos, xogou 34 partidos co equipo, cunha media de 11,1 puntos e 6 rebotes por encontro. Na súa última temporada nos Estados Unidos, a 2021−22, Brajkovic fixo unha media de 14,4 puntos, 7,1 rebotes e 2,5 asistencias por encontro, cunha media de lanzamento de tres puntos do 41%. Grazas a isto foi nomeado mellor xogador da Conferencia Atlantic 10.

Ao longo da súa carreira, Brajkovic ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]