Luiz Ruffato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuiz Ruffato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Cataguases, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal de Juiz de Fora Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, Literatura do Brasil (pt) Traducir e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , novelista , poeta , xornalista Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
2015Santiago International Book Fair 2015 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Luiz Ruffato, nado en Cataguases, 4 de febreiro de 1961, é un escritor brasileiro. A súa novela Eles eram muitos cavalos, de 2001, gañou o Trofeo APCA ofrecido pola Asociación Paulista de Críticos de Arte e o Premio Machado de Assis da Fundación Biblioteca Nacional. En 2011, coa publicación da novela Domingos Sem Deus, concluíu a pentaloxía Inferno Provisório.

En 2015 a AELG declarouno Escritor Galego Universal.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Cataguases, Minas Xerais en 1961, é fillo dun pipoqueiro e dunha lavadeira de roupas. Formouse en tornearía-mecánica polo Senai e traballou como obreiro da industria téxtil, pipoqueiro e atendente de armariño durante a xuventude.[2] Graduouse en Comunicación pola Universidade Federal de Xuíz de Fóra e traballou en diversos xornais até se mudar para São Paulo en 1990. En 2003, abandonou a carreira de xornalista para se tornar escritor a tempo integral.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Primeiras obras[editar | editar a fonte]

O Seu primeiro libro publicado foi Histórias de Remorsos e Rancores (1998), reunión de sete contos que xiran en torno aos mesmos personaxes, moradores do beco do Zé Pito, en Cataguases. En comentario, o escritor Ivan Ângelo afirma que o autor demostra “orixinalidade, ousadía formal, dominio da narrativa e do asunto, creación dunha linguaxe que define o lugar e as persoas”.[3]

En 2000, publicou (os sobreviventes), que recibiu mención especial do Premio Casa de las Américas. O libro está composto por seis contos, cuxos personaxes son persoas comúns das clases baixa e media.[4]

Ambos os libros, revisados e reescritos, foron incorporados ao proxecto Inferno Provisório.

Eles eram muitos cavalos[editar | editar a fonte]

A súa primeira novela, Eles eram muitos cavalos, publicado en 2001, recibiu o Trofeo APCA e o Premio Machado de Assis da Fundación Biblioteca Nacional. Cunha estrutura non lineal está composto por 70 fragmentos. O único elo entre eles é o feito de todas as narrativas ocorreren un só día, o día 9 de maio de 2000 na cidade de São Paulo. O título da novela fai unha alusión ao poema de Cecília Meirelles, “Dos Cavalos da Inconfidência”.

A novela veu da idea de Ruffato de escribir unha especie de tributo sobre São Paulo, a cidade que o acolleu como a tantos outros brasileiros. A estrutura do libro xurdiu da incapacidade de se comprender esta metrópole, debido á súa extrema dinamicidade e multiplicidade. Así, o autor buscou outras maneiras de expor esa pluralidade no libro, valéndose de rexistros literarios e non-literarios como o estilo da publicidade, do teatro, do cinema, da música, da descrición, da narración, da poesía etc. Ruffato afirma que o libro non é no seu punto de vista unha “novela” tradicional, mais unha especie de “instalación literaria”.[5]

Inferno Provisório[editar | editar a fonte]

En 2005 iniciou coa obraMamma, Son Tanto Felice a serie Inferno Provisório, con cinco volumes. A serie tivo continuidade con O Mundo Inimigo, publicada o mesmo ano. Despois viñeron Vista Parcial da Noite (2006), O Livro das Impossibilidades (2008) e, finalmente, Domingos sem Deus (2011).

O proxecto de Ruffato era o de ficcionalizar a historia da clase obreira brasileira desde mediados do século XX até o inicio do século XXI. Cada volume trata dun período histórico específico desa historia.

O proxecto foi concibido, segundo o autor, antes mesmo de publicar os seus dous primeiros libros. O núcleo da serie estaba nas narrativas de Os sobreviventes e de Histórias de Remorsos e Rancores. As narrativas deses dous libros foron, inclusive, reescritas e reaproveitadas para os tres primeiros volumes do proxecto.[6] Porén, aserie só tomaría a forma final tras a publicación de Eles eram muitos cavalos. Así, desde a súa concepción a serie levou cerca de 20 anos para ser concluída.[7]

Outras obras[editar | editar a fonte]

En 2007 foi seleccionado para participar do Proxecto “Amores Expressos”. O proxecto consistiu en apoiar viaxes a distintas cidades do mundo para escritores brasileiros co obxectivo de que estes producisen novelas coa temática do “Amor”.[8] Ruffato viaxou a Lisboa, Portugal. En 2009, Ruffato publicou a novela Estive em Lisboa e lembrei de você, resultado da súa participación no proxecto. O libro conta a historia de Sérgio, morador de Cataguases que, debido a unha serie de infortunios da vida, ve na emigração para Portugal a solución para os seus problemas. En Lisboa vese enredado na difícil vida de emigrante.

Ruffato tamén escribiu libros de poesía con As máscaras singulares (2002) e Paráguas verdes (2011). Tamén escribiu un ensaio sobre o modernismo en Cataguases (2002). Participou de antoloxías de contos como o libro Geração 90: Manuscritos de Computador, organizado por Nelson de Oliveira. É tamén organizador de diversas antoloxías de contos, como 25 mulheres que estão fazendo a nova literatura brasileira (2005) e os contos de Luiz Fernando Emediato (2004).

Listaxe de obras[editar | editar a fonte]

Primeiras edicións no Brasil[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Eles eram muitos cavalos (2001). São Paulo: Boitempo.
  • Mamma, son tanto felice (Inferno Provisório: Volume I) (2005). Río de Xaneiro: Record.
  • O mundo inimigo (Inferno Provisório: Volume II). (2005). Río de Xaneiro: Record.
  • Vista parcial da noite (Inferno Provisório: Volume III). (2006). Río de Xaneiro: Record.
  • De mim já nem se lembra (2007). São Paulo: Moderna.
  • O livro das impossibilidades (Inferno Provisório: Volume IV) (2008). Río de Xaneiro: Record.
  • Estive em Lisboa e lembrei de você (2009). São Paulo: Cia das Letras.
  • Domingos sem Deus (Inferno Provisório: Volume V) (2011). Río de Xaneiro: Record.
  • Flores Artificiais (2014). São Paulo: Cia das Letras.
  • O verão tardio (2019). São Paulo: Cia das Letras.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • As máscaras singulares (2002). São Paulo: Boitempo.
  • Paráguas verdes (2011). São Paulo: Ateliê Acaia.
  • O amor encontrado (2013). São Paulo - Edição não comercial.

Crónica[editar | editar a fonte]

  • Minha primeira vez (2014). Porto Alegre: Arquipélago.

Infantil[editar | editar a fonte]

  • A história certa do Sapo Luiz (2014). São Paulo: DSOP.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os ases de Cataguases (uma história dos primórdios do Modernismo) (2020). Cataguases: Fundação Francisca de Souza Peixoto.

Organización de colectáneas[editar | editar a fonte]

  • RUFFATO, Luiz; RUFFATO, Simone (orgs.). Fora da ordem e do progresso - São Paulo: Geração Editorial, 2004.
  • EMEDIATO, Luiz Fernando. Trevas no paraíso: histórias de amor e guerra nos anos de chumbo - Organização de Luiz Ruffato - São Paulo: Geração Editorial, 2004.
  • 25 mulheres que estão fazendo a nova Literatura Brasileira - Río de Xaneiro: Record, 2005.
  • Mais 30 mulheres que estão fazendo a nova Literatura Brasileira - Río de Xaneiro: Record, 2005.
  • Tarja preta - Río de Xaneiro: Objetiva, 2005.
  • Quando fui outro - Río de Xaneiro: Objetiva, 2006.
  • Entre nós: contos sobre homossexualidade - Río de Xaneiro: Língua Geral, 2007
  • Leituras de Escritor. Coleção Comboio de Corda - São Paulo: Edições SM, 2008.
  • Questão de Pele - Río de Xaneiro: Língua Geral, 2009
  • Francisco Inácio Peixoto em Prosa e Poesia - Cataguases, Instituto Francisca de Souza Peixoto, 2008.
  • Contos antológicos de Roniwalter Jatobá - São Paulo: Nova Alexandria, 2009.
  • Mário de Andrade: seus contos preferidos - Río de Xaneiro: Tinta Negra, 2011.
  • A alegria é a prova dos nove - São Paulo: Globo, 2011.
  • Sabe com quem está falando? contos sobre corrupção e poder - Río de Xaneiro: Língua Geral, 2012.

Participación en antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Olívia. In: Marginais do Pomba - Cataguases, Fundação Cultural Francisco Inácio Peixoto, 1985, p. 69-73.
  • O profundo silêncio das manhãs de domingo. In: Novos contistas mineiros - Porto Alegre, Mercado Aberto, 1988, p. 83-85.
  • Lembranças. In: 21 contos pelo telefone - São Paulo, DBA, 2001, p. 73-75.
  • O ataque. In: OLIVEIRA, Nelson de (org.). Geração 90: manuscritos de computador - São Paulo: Boitempo Editorial, 2001, p. 223-238.
  • Depoimento. In: MARGATO, Isabel e GOMES, Renato Cordeiro (org.). Espécies de espaço: territorialidades, literatura, mídia - Belo Horizonte: Editora UFMG, 2008.
  • O prefeito não gosta que lhe olhem nos olhos. In: PENTEADO, Rodrigo (org.). Corrupção – 18 contos. Transparência Brasil/Ateliê, 2002, p. 71-73.
  • André (a.C.). In: DENSER, Márcia (org.). Os apóstolos – doze revelações - São Paulo: Nova Alexandria, 2002, p. 24-35.
  • Vertigem. In: GARCIA-ROZA, Lívia (org.). Ficções fraternas - Río de Xaneiro: Record, 2003, p. 71-87.
  • Paisagem sem história. In: FREIRE, Marcelino; OLIVEIRA, Nelson de (orgs.). PS: SP - São Paulo, Ateliê, 2003, p. 58-63.
  • Assim. In: FREIRE, Marcelino (org.). Os cem menores contos brasileiros do século - São Paulo, Ateliê, 2004, p. 52.
  • Paisagem sem história. In: Geração Linguagem - São Paulo, Sesc-SP/Lazuli, 2004, p.67-74.
  • Kate (Irinéia). Inspiração - São Paulo, F.S Editor, 2004, p. 111-113.
  • O profundo silêncio das manhãs de domingo. In: RESENDE, Beatriz (org.). A literatura latino-americana do século XXI - Río de Xaneiro, Aeroplano, 2005, p. 56-66.
  • Sem remédio. In: Tarja preta - Río de Xaneiro, Objetiva, 2005, p. 65-77.
  • Cicatrizes (uma história de futebol). In: COELHO, Eduardo (org.). Donos da bola - Río de Xaneiro, Língua Geral, 2006, p. 86-96.
  • Mirim. In: LAJOLO, Marisa (org.). Histórias de quadros e leitores - São Paulo, Moderna, 2006, p. 75-81.
  • Trens. In: MORAES, Angélica (org.). O trem – crônicas e contos em torno da obra de Thomaz Ianelli - São Paulo, Metalivros, 2006, p. 57-63.
  • O repositor. In: GONÇALVES, Magaly Trindade; AQUINO, Zélia Thomas; BELLODI, Zina C. (orgs.). Antologia comentada de literatura brasileira – poesia e prosa - Petrópolis, Vozes, 2007, p. 533-534.
  • Ciranda. In: OLIVEIRA, Nelson de (org.). Cenas da favela – as melhores histórias da periferia brasileira - Río de Xaneiro, Geração Editorial, 2007, p. 118-130.
  • Paisagem sem história. In: MOREIRA, Moacyr Godoy (org.). Contos de agora – audiobook - São Paulo: Livro Falante, 2007.
  • COELHO, Eduardo e DEBELLIAN, Marcio (orgs.). Liberdade até agora- São Paulo: Móbile, 2011.

Traducións[9][editar | editar a fonte]

Alemán[editar | editar a fonte]

  • Es waren viele Pferde [Eles eran moitos cabalos]. Tradución Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2012.
  • Mama, es geht mir gut [Mamá son tan feliz]. Tradución de Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2013
  • Feindliche Welt [Mundo inimigo]. Tradución de Michael Kegler. Berlin / Hamburg: Assoziation A, 2014
  • Ich war in Lissabon und dachte an dich [Estiven en Lisboa e lembreime de vostede]. Berlin / Hamburg: Assoziation A, 2015
  • Teilansicht der Nacht [Vista parcial da noite]. Tradución de Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2017
  • Das Buch der Unmöglichkeiten [O libro das impossibilidades]. Tradución de Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2019.

Español[editar | editar a fonte]

  • Ellos eran muchos caballos [Eles eram muitos cavalos]. Tradución Mario Camara. Buenos Aires: Eterna Cadencia, 2010.
  • Estuve en Lisboa y me acordé de ti. [Estive em Lisboa e lembrei de você]. Tradución Mario Camara. Buenos Aires: Eterna Cadencia, 2011.
  • Mamma, son tanto Felice. Tradución Maria Cristina Hernández Escobar. Cidade de México: Elephas, 2011.
  • El mundo enemigo [O mundo inimigo]. Tradución Maria Cristina Hernández Escobar. Cidade de México: Elephas, 2012.
  • Ellos eran muchos caballos [Eles eram muitos cavalos]. Tradución Mario Camara. Bogotá: Rey + Naranjo, 2012.
  • Vista parcial de la noche [Vista parcial da norte]. Tradución Maria Cristina Hernández Escobar. Cidade de México: Elephas, 2014.
  • El libro de las imposibilidades [O livro das impossibilidades]. Tradución Paula Abramo. Cidade de México: Elephas, 2015.
  • Domingos sin Dios [Domingos sem Deus]. Tradución Paula Abramo. Cidade de México: Elephas, 2016.
  • De mí ya ni te acuerdas [De mim já nem se lembra]. Tradución Paula Abramo. Guadalajara: Pollo Blanco, 2018.
  • Lo que nos une. Tradución Paula Abramo, Pablo Cardellino, Ezequiel Zaidenwerg. Cidade de México: Brigada para Leer en Libertad, 2019.

Francés[editar | editar a fonte]

  • Tant et tant de chevaux [Eles eran moitos cabalos]. Tradución Jacques Thiériot. París: Éditions Métailié, 2005.
  • Des gens heureux [Mamá, son tan feliz]. Tradución Jacques Thiériot. París: Éditions Métailié, 2007.
  • Le monde ennemi [O mundo inimigo]. Tradución Jacques Thiériot. París: Éditions Métailié, 2010.
  • Á Lisbonne, j'ai pensé á toi [Estiven en Lisboa e lembreime de vostede]. Tradución de Mathieu Dosse. París: Chandeigne, 2015.

Italiano[editar | editar a fonte]

  • Come tanti cavalli [Eles eran moitos cabalos]. Tradución Patrizia di Malta. Milán: Bevivino Editore, 2003.
  • Sono stato a Lisbona e ho pensato a che [Estiven en Lisboa e lembreime de vostede]. Tradución Gian Luigi de Rosa. Roma: La Nuova Frontiera: 2011.

Portugués[editar | editar a fonte]

  • Eles eram muitos cavalos. Espinho: Quadrante Edições, 2006.
  • Estive em Lisboa e lembrei-me de ti [Estive em Lisboa e lembrei de você]. Lisboa: Quetzal Edições, 2010.
  • De mim já nem se lembra. Lisboa: Tinta da China, 2012.

Participacións en antoloxías no exterior[editar | editar a fonte]

  • A mancha. In: MÃE, Valter Hugo et alli (orgs.). Putas: novo conto português e brasileiro. Porto: Quasi, 2002, p. 149-161.
  • L’ultima volta. In: Scrittori brasiliani. A cura di Giovanni Ricciardi. Trad. Jéssica Falconi. Napoli, Túlio Pironti, 2003, p. 611-612 (651-643).
  • La demolición; la solución. In: NÁPOLI, Cristian de (org.). Terriblemente felices – nueva narrativa brasileña.. Buenos Aires, Emecê, 2007, p. 127-146.
  • II profondo silenzio della domenica mattina. In: Il Brasile per le strade. A cura di Silvia Marianecci. Roma, Azimut, 2009, p. 61-74.
  • Estação das águas. In: OLIVEIRA, Celina de; MATEUS, Victor Oliveira (orgs.). Um rio de contos – antologia luso-brasileira. Dafundo, Tágide, 2009, p. 152-155.
  • Taxi. In: Brazil – a traveler’sem literary companion. Edited by Alexis Levitin. *Translated by Alison Entrekin. Berkeley, Wheresabout, 2010, p. 87-94.
  • MARIANECCI, Silvia (org.). Latino americana: II Brasile per Le Strade. Itália: Azimut, 200

Contos en xornais estranxeiros[editar | editar a fonte]

  • The mark (A mancha). Brasil/Brazil, n. 24, ano 13, 2000. Traducido por Marguerite Harrison, p. 77-86.
  • Gua!. Grumo, n. 3, jul. 2004. Buenos Aires/Rio de Janeiro, p. 100-101.
  • La démolition (A demolição). MEET, n. 9, nov. 2005, Maison des Écrivains Étrangers et des Tracduteurs de Saint Nazaire (France). Traducido do portugués (Brésil): Sébastien Roy. p. 51-57.
  • La solution (A solução). Riveneuve – Continents, n. 2, printemps 2005, Marsella (France). Traducido do portugués (Brésil) por Luciana Uchôa, p. 245-252.
  • A demolição. Maldoror – revista da cidade de Montevideo, n. 24, maio 2006, p. 156-159.
  • Haveres. Correntes d’Escritas, n. 6, feb. 2007, Póvoa do Varzim (Portugal), p. 27-30.
  • Sorte teve a Sandra. Egoísta, n. 33, dec. 2007, Estoril (Portugal), p. 53-55.
  • Ecos. Egoísta, n. 34, mar. 2008, Estoril (Portugal), p. 50.
  • A cidade dorme. Sítio, n. 4, abr. 2008, Torres Vedras (Portugal), p. 5.
  • Ellos eran muchos caballos (fragmentos). Quimera, n. 312, nov. 2009, Barcelona (España), p. 54-57.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2001 - Premio APCA de Mellor Novela por Eles eram muitos cavalos[10]
  • 2001 - Mención Especial no Premio Casa de las Américas
  • 2005 - Seleccionado para Bolsa Vitae[11]
  • 2006 - Finalista do Premio Portugal Telecom[12]
  • 2007 - Finalista Premio Jabuti
  • 2012 - Finalista Premio São Paulo de Literatura[13]
  • 2013 - Premio Casa de las Américas por Domingos Sem Deus[14]
  • 2015 - Premio Jabuti por A história verdadeira do sapo Luiz[15]
  • 2015 - Escritor Galego Universal, AELG
  • 2016 - Premio Internacional Hermann Hesse 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Escritor Galego Universal 2015: Luiz Ruffato". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-06. 
  2. 2,0 2,1 Emanuela Siqueira (2010). "Entrevista Luiz Ruffato". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 21 de febrei de 2013. 
  3. Ivan Angelo (15 de agosto de 1998). "Um senhor contista". Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  4. Malcolm Silverman. "À guisa de introdução". Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  5. Rinaldo de Fernandes (27 de abril de 2008). "Entrevista Luiz Ruffato". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  6. Rinaldo de Fernandes (27 de abril de 2008). "Entrevista Luiz Ruffato". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  7. Luciano Trigo (9 de dezembro de 2013). "Ficção de Luiz Ruffato permanece fiel à classe operária". Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  8. "Bonde das Letras". Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  9. Cultural, Instituto Itaú. "Enciclopédia Itaú Cultural". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-12-05. 
  10. "Premio APCA 2001". Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  11. "Bolsa Vitae para Luiz Ruffato". Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  12. "Finalistas Premio Portugal Telecom". Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  13. "Finalistas Premio São Paulo de Literatura". Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  14. "Chico Buarque e Luiz Ruffato ganham prêmio literário em Cuba". 1º de Febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 13 de Fevereiro de 2013. 
  15. "57. Jabuti 2015: Vencedores 2015, Infantil". Consultado o 2015-11-20.